Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Jorge Domínguez Castro, concelleiro do PSdeG de Corcubión, novo coordinador comarcal da Costa Atlántica

– O coordinador foi elixido por unanimidade e anuncia un novo tempo de traballo e demandas para a comarca.


O pasado luns a comarca da Costa Atlántica escolleu o novo Coordinador Comarcal, Jorge Domínguez Castro, que foi apoiado de forma unánime por todos os membros. Jorge colleu o cargo con palabras de agradecemento de cara ás compañeiras e compañeiros e tamén para a coordinadora saínte Paula Mouzo, polo traballo feito neste tempo.

O coordinador comarcal explicou que “temos que por en valor tanto as nosas alcaldías como a lavor na oposición. Abrése un tempo novo para a comarca na que demandaremos melloras para a veciñanza”.

Na reunión, na que estiveron acompañados polo Secretario de Militancia, Agrupacións Locais e adxunto a organización da Executiva Provincial da Coruña, Rafael Fernández Beceiro, a comarcal da Costa Atlántica abordou o novo plan de traballo dos vindeiros anos e tratou temas clave para a zona.


Declaracións de Jorge Domínguez Castro

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes