Francisco Suárez-Puerta demándalle ao alcalde de Ribeira “máis axilidade para sacar adiante a variante e o novo polígono”
-“Son proxectos estratéxicos para o concello e non vemos avances; o proxecto definitivo de urbanización do polígono aprobouse no pleno de xullo”, sostén o portavoz do PSOE.
-“Deben plantexarse xa as posibles ubicacións para o novo centro de saúde”, engade.
Francisco Suárez Puerta, portavoz dos socialistas de Ribeira, demándalle ao alcalde, Luis Pérez Barral, “máis axilidade e xestións máis eficaces para dar pasos adiante nos proxectos estratéxicos do concello, botamos en falta reunións de traballo máis efectivas, nas que se tomen decisións a favor da veciñanza de Ribeira”.
“Hai xa máis dun ano, encargouse co acordo de todo o goberno local un estudo para analizar as diferentes opcións da Variante”, lembra Suárez Puerta”. “O alcalde xa ten o documento, que tivo en conta criterios urbanísticos e o tráfico de vehículos e peóns, pero non o fai público”, engade.
O portavoz socialista pídelle “que leve ao pleno o estudo para decidir cal é a alternativa correcta, ademais de esixirlle á Xunta que contemple a obra nos orzamentos para executala canto antes”.
Con respecto ao novo polígono industrial e os seus accesos, Suárez Puerta é consciente “das trabas e dificultades existentes, pero non houbo movementos para conseguir financiamento en máis dun ano, o alcalde ten que reunirse con Xunta e Goberno central para que o polígono sexa unha realidade”.
Ademais destes dous proxectos, “está pendente decidir as posibles ubicacións do novo centro de saúde, o mandato avanza e tampouco sabemos nada”. Por último, Suárez Puerta explica a súa ausencia á inauguración onte do novo centro de alto rendimento de atletismo e taekwondo: “A só uns metros, hai unha piscina municipal e un ximnasio que utlizan todos os veciños que non están en boas condicións, non se realiza ningún tipo de actuación de mantemento das instalacións”.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS