Falece a alcaldesa de Lugo, a socialista Paula Alvarellos, natural de Ponteceso
Dende o PSdeG Provincial da Coruña queremos amosar a nosa profunda dor polo falecemento de Paula Alvarellos.
Alcaldesa de Lugo, socialista exemplar, compañeira inmellorable. A súa inesperada e inxusta perda deixa un baleiro inmenso en todas e todos nós.
Dedicouse por completo a mellorar a vida da veciñanza da súa cidade co seu compromiso e esforzo, e esa pegada ficará por sempre en Lugo e en toda Galicia. É todo un exemplo para calquera socialista.
Queremos darlle todo o noso apoio á súa familia e persoas achegadas nestes momentos tan difíciles e duros, nos que compartimos a súa dor.
Os compañeiras e compañeiros de Paula seguiremos loitando e traballando coa mesma forza que o facía ela, que é o mellor xeito de honrar o seu legado.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS