Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Category: Seguridade

O PSOE de Coristanco propón ceder terreos municipais para que a Xunta constrúa unha base para bombeiros forestais

– José Manuel Pérez Abelenda, voceiro socialista local, presenta unha moción no pleno para instar á creación desta base logo de os bombeiros forestais abandonaran o municipio O Grupo Municipal Socialista de Coristanco presenta unha moción no pleno para que o goberno local ceda un terreo municipal coa finalidade de que a Xunta de Galicia …

O PSOE de Coristanco denuncia que o concello “perde aos bombeiros forestais pola deixadez do alcalde”

– José Manuel Pérez Abelenda afirma que “esta decisión por parte do PP pon en risco tanto o patrimonio natural como a tranquilidade dos veciños e veciñas de Coristanco” – “Exiximos ao alcalde que dea explicacións públicas sobre por que se permitiu que a brigada forestal abandonara Coristanco”, sinala o voceiro socialista O PSdeG-PSOE de …

O PSOE de Coristanco reclama a eliminación do antigo depósito de auga no Outeiro, “tal e como prometeu o alcalde”

-A veciñanza trasladou ao voceiro socialista José Manuel Pérez Abelenda numerosas queixas ante un depósito obsoleto que representa un risco para a saúde pública e o medio ambiente O PSdeG-PSOE de Coristanco solicita a eliminación do antigo depósito de auga no Outeiro, ubicado na parroquia da Agualada, “tal e como lle prometeu o alcalde Juan …

O PSdeG da Laracha denuncia os problemas de seguridade derivados da ausencia de Policía Local no concello

-A voceira socialista local Inés Ramos López lamenta que “xa que a semana pasada entraron a roubar no Concello, e ao día seguinte no IES Agra de Leborís” O PSdeG-PSOE da Laracha segue a denunciar a situación da Policía Local no municipio, que conta agora mesmo con 0 axentes en activo mentres a negociación entre …

Os socialistas de Carballo levan unha moción ao Pleno “para solicitar a dotación dunha comisaría da Policía Nacional no noso concello”

-O PSOE lembra que concellos como Viveiro e Ribeira contan cunha comisaría e amosan a súa precupación “polos recurrentes delitos violentos que ocurren no municipio” Os socialistas de Carballo levarán ao pleno municipal do próximo luns, 25 de novembro, unha moción na que “instamos ao goberno municipal a demandar ao Ministerio do Interior a posta …

O PSdeG provincial denuncia na Laracha a negativa do alcalde a negociar coa Policía Local e a falta de axentes no municipio

-A voceira socialista local Inés Ramos López destacou que os axentes “simplemente piden unha equiparación ao resto de postos de traballo do Concello” -O secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro lamentou que o Concello “está tendo moitos problemas actualmente para garantir a seguridade dos veciños e as veciñas por culpa da decisión do alcalde” -O …