Category: Sanidade
O PSdeG esixe á Xunta que cumpra co seu compromiso coa cidadania de Vedra e execute a remodelación do Centro de Saúde de Vedra
O PSdeG esixe á Xunta de Galicia que cumpra co compromiso anunciado en febreiro de 2025 e execute sen máis demora a remodelación do Centro de Saúde de Vedra, unha actuación considerada prioritaria para garantir unha atención sanitaria pública de calidade no municipio e na súa contorna e que ademáis foi anunciada hai máis dun …
O PSdeG denuncia a situación da sanidade pública en Ferrolterra e reclama solucións no Parlamento de Galicia
O PSdeG-PSOE denuncia en Ferrol a situación da sanidade pública nas comarcas de Ferrolterra e reclamaralle solucións á Xunta de Galicia no Parlamento galego. O portavoz socialista local Ángel Mato reclamou, nunha rolda de prensa conxunta co deputado autonómico Aitor Bouza, que “se poñan os medios para garantir que Ferrolterra conte cuns servizos equiparables a …
O PSdeG reclámalle á Xunta que no Centro de Saúde de Carral se poidan pasar consultas “sen estar debaixo de pingueiras”
A deputada socialista Silvia Longueira reclamoulle hoxe á Xunta que execute as obras de mantemento necesarias para que no centro de saúde de Carral se poida pasar consulta “sen estar debaixo de pingueiras”. Referiuse así ás deficiencias que se rexistran nun edificio que queda pequeno para atender á poboación da localidade e que presenta numerosas …
Patricia Iglesias reclama no Parlamento unha ambulancia medicalizada para a Costa da Morte
O PSdeG-PSOE reclama no Parlamento de Galicia unha ambulancia medicalizada para as comarcas da Costa da Morte, considerándoa “esencial e imprescindible para ter unha atención de urxencia e de calidade”. Como indica a parlamentaria socialista Patricia Iglesias, “25 anos, que se di pronto, é o que levan esperando os veciños e as veciñas da Costa …
O PSdeG de Zas continuará reclamando solucións para a situación dos centros educativos e do centro de saúde do municipio
O PSdeG de Zas reafirma o seu compromiso de continuar impulsando iniciativas institucionais e realizando seguimento político ata que existan solucións ás deficiencias detectadas nos centros educativos do municipio e á situación sanitaria local. Así o trasladou Sheila Rial tras asistir o pasado mércores ao Parlamento de Galicia para escoitar a resposta do conselleiro de …
O PSOE da Laracha denuncia que o concello “agocha a información sobre o amianto” que podería haber nas tuberías do municipio
O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia a “opacidade” do Concello respecto da posible presenza de amianto nas tiberías de fibrocemento das redes de abastecemento e saneamento da localidade, algo que provocou “un tirón de orellas da valedora do pobo”. A voceira socialista local Inés Ramos López realiza unha valoración negativa do exposto polo grupo de goberno …
O PSdeG esixirá no Parlamento analíticas da auga tras a rotura da balsa da mina de Monte Neme
O PSdeG esixirá no Parlamento de Galicia que Augas de Galicia realice analíticas da auga na contorna afectada pola rotura da balsa da mina de Monte Neme, co obxectivo de comprobar se existe contaminación. A demanda baséase en que nesta zona se extraeu volframio no pasado e en que a auga afectada desemboca no mar, …
O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia o “caos e inseguridade” na contorna do CEIP Ramón Otero Pedrayo por mor das obras
O Grupo Socialista da Laracha, a través da súa voceira Inés Ramos, denunciou hoxe o estado “lamentable e perigoso” no que se atopa a contorna do CEIP Ramón Otero Pedrayo. A situación acadou hoxe, venres 30 de xaneiro, un punto crítico coincidindo coas precipitacións, que converteron as zonas en obras lindeiras ao colexio nun auténtico …
O PSdeG-PSOE de Malpica esixe á Xunta que restableza o servizo médico no centro de Buño
O Centro Médico de Buño vese afectado por unha redución do servizo de medicina de familia, segundo se recolle en diversas queixas de usuarios e usarias. Actualmente, a atención préstase únicamente de 9:00 a 11:00 horas, en contraste co horario habitual que ía de 8:00 a 14:00 horas. Ademais, non se están asignando citas con …
O PSdeG denuncia do “colapso absoluto” das urxencias do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol
O PSdeG denuncia no Parlamento de Galicia “o colapso absoluto das urxencias do hospital Arquitecto Marcide en Ferrol, o hospital de referencia para toda a comarca”. O parlamentario socialista Aitor Bouza sinala que “este colapso tamén se provoca por causa dun colapso previo de atención primaria”, logo de que se desen a coñecer “noticias absolutamente …
O PSdeG denuncia as condicións “indignas” do Centro de Saúde de Carral e reclama un novo
O Grupo Socialista no Parlamento galego denuncia as condicións “indignas” do Centro de Saúde de Carral e reclámalle á Xunta de Galicia a construción dun novo, tal e como foi prometido polo alcalde da localidade. A parlamentaria socialista Silvia Longueira enumera problemas tales como “humidades, mantemento que nunca se efectuou nas dependencias” e que se …
O PSdeG denuncia graves deficiencias no CHUAC e esixe á Xunta garantías de seguridade e intimidade para os pacientes
PSdeG. A deputada socialista Silvia Longueira advertiu hoxe de que a situación do CHUAC “chegou ao límite” e responsabilizou á Xunta da “desorganización e falta absoluta de planificación” tanto nas obras como no funcionamento diario do hospital. Longueira denunciou que en unidades como a planta cuarta se está hospitalizando a doentes en corredores abertos, sen …
O PSdeG reclámalle á Xunta unha nova EDAR na parroquia de Dodriño, en Dodro
O PSdeG-PSOE reclámalle á Xunta de Galicia unha nova EDAR para a parroquia de Dodriño, no municipio de Dodro, que sexa “moderna, eficiente e tamén acorde ás necesidades actuais desta parroquia”. Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento de Galicia, pide deste xeito ao goberno autonómico de Alfonso Rueda “que se comprometa co Concello de Dodro” …
O PSdeG denuncia que pacientes do Fontenla Maristany tiveron que facer cola baixo a choiva a esixe solucións á Xunta
O PSdeG-PSOE presentará no Parlamento de Galicia unha batería de iniciativas para denunciar deficiencias no centro de saúde Fontenla Maristany de Ferrol e esixirlle á Xunta de Galicia unha solución ás mesmas. Isto vén provocado logo de que múltiples pacientes denunciaran que tiveron que facer cola baixo a choiva para agardar por unha extracción para …
O PSdeG de Coristanco denuncia a negativa do concello a facilitar información sobre o pozo e a auga do CEIP Canosa-Rus
O Grupo Municipal Socialista de Coristanco “lamenta e denuncia publicamente a actitude do Goberno Municipal, que rexeita entregar a documentación solicitada en relación co pozo situado no CEIP Canosa-Rus, vulnerando o dereito á información e á transparencia que deben rexer a xestión pública”. O grupo socialista solicitou por rexistro a primeiros do mes de novembro …