Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Category: Política Municipal

O PSOE da Laracha denuncia que o concello “agocha a información sobre o amianto” que podería haber nas tuberías do municipio

O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia a “opacidade” do Concello respecto da posible presenza de amianto nas tiberías de fibrocemento das redes de abastecemento e saneamento da localidade, algo que provocou “un tirón de orellas da valedora do pobo”. A voceira socialista local Inés Ramos López realiza unha valoración negativa do exposto polo grupo de goberno …

O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia o “caos e inseguridade” na contorna do CEIP Ramón Otero Pedrayo por mor das obras

O Grupo Socialista da Laracha, a través da súa voceira Inés Ramos, denunciou hoxe o estado “lamentable e perigoso” no que se atopa a contorna do CEIP Ramón Otero Pedrayo. A situación acadou hoxe, venres 30 de xaneiro, un punto crítico coincidindo coas precipitacións, que converteron as zonas en obras lindeiras ao colexio nun auténtico …

O PSdeG esixe ao concello de Coristanco transparencia e respecto ao dereito de acceso á información pública

O voceiro municipal José Manuel Pérez Abelenda presentou unha queixa formal ante a Valedora do Pobo por suposta vulneración do seu dereito de acceso á información pública por parte do Concello de Coristanco, ao non recibir resposta á documentación solicitada no prazo legalmente establecido. O escrito remitido á institución autonómica relata os feitos, ocurridos dende …

O PSOE de Cabanas inicia unha nova etapa co obxectivo de recuperar un goberno progresista no muncipio

O PSOE de Cabanas abre unha nova etapa política coa incorporación ao grupo municipal, no pleno celebrado hoxe mércores, de Beatriz Carbón e Fran Romero Bustabad, que se suman á actual concelleira socialista Conchi Rodríguez Ferreiro. Os novos edís socialistas substitúen a Carlos Ladra e Delfín Feal, tras a renuncia doutros candidatos e candidatas da …

O PSOE provincial da Coruña reunirá este xoves ao Consello de Alcaldes e Alcaldesas para analizar o “afogo económico dos concellos”

O secretario provincial do PSdeG-PSOE da provincia da Coruña, Bernardo Fernández, vén de convocar para o xoves 29 de xaneiro o Consello Provincial de Alcaldes e Alcaldesas, órgano que reúne aos rexedores e rexedoras socialistas da provincia, co obxectivo de analizar o impacto económico que está a ter nos concellos o actual modelo de financiamento …

O PSdeG da Laracha critica que o concello siga sen orzamentos a pesar da maioría absoluta do PP

A portavoz socialista na Laracha, Inés Ramos, critica que o Goberno municipal do PP aínda non teña aprobados os orzamentos deste ano. Para Ramos, esta situación demostra “incapacidade de xestión, descoñecemento da realidade e un desprezo absoluto pola veciñanza da Laracha”. Segundo explicou, o PP goberna con maioría absoluta, polo que non ten que negociar …

O PSOE da Laracha critica que o concello empregue 21.000€ da Deputación para mercar mesas e cadeiras

O PSdeG-PSOE da Laracha critica que o o Concello vaia gastar, cos fondos de carácter social da Deputación da Coruña, 21.000 euros na compra de mesas e cadeiras. O gasto enmarcaríase dentro do Plan Único de Obras e Servizos da Deputación. Inés Ramos, portavoz do Grupo Municipal Socialista, considera “unha falta de acción política e …

O PSdeG de Malpica fixa as datas das reunións coa veciñanza das parroquias para levar ao Pleno as súas demandas

O PSdeG-PSOE de Malpica de Bergantiños anuncia o calendario e os lugares das reunións parroquiais que manterá coa veciñanza do municipio, tal e como avanzara semanas atrás. O obxectivo destas xuntanzas será escoitar de primeira man as demandas, necesidades e inquedanzas dos veciños e veciñas e trasladalas ao pleno municipal. As xuntanzas darán comezo o …

O PSOE de Mañón rexeita a especulación urbanística na antiga base americana de Estaca de Bares e defende a súa recuperación para usos públicos patrimoniais

O PSOE de Mañón alerta sobre o risco de especulación urbanística na antiga base militar estadounidense de Estaca de Bares, un espazo de titularidade municipal, de enorme valor histórico, patrimonial e natural, que debe ser recuperado para usos públicos e non convertido nun proxecto privado de carácter lucrativo. Os socialistas lembran que o pasado 28 …

O PSOE vota en contra dos orzamentos de Lousame ante a falta de investimentos propios, que supoñen só “un 4% do orzamento”

O PSdeG de Lousame vota en contra dos orzamentos para o ano 2026 no municipio ante a falta de investimentos propios: “O noso municipio precisa dunhas contas que aposten polo territorio e o dinamicen, que permitan avances e que non os fagan depender do que se decide noutras instancias”.  O voceiro socialista local, Juan José Prego Ces, destacou en primeiro lugar que “a contía dos orzamentos, que se presentan como os máis altos da historia do municipio, non é froito da boa xestión do goberno municipal, senón do …

O PSOE de Oza-Cesuras denuncia o retraso nos orzamentos de 2025: “Deberíamos estar aprobando as contas do ano seguinte”

O PSdeG-PSOE de Oza-Cesuras denuncia os retrasos na aprobación dos orzamentos municipais, calificando ao alcalde Pablo González Cacheiro, do Partido Popular, de “pésimo xestor”.  “Un ano máis, o alcalde de Oza-Cesuras espera a final de ano para aprobar os orzamentos do exercicio, cando deberíamos estar aprobando as contas do ano seguinte”, lamentan dende a formación.  O grupo socialista local sinala que “un ano máis o alcalde culpa deste atraso ás …

O PSdeG-PSOE de Corcubión denuncia que o concello “sáltase as normas de forma continuada”

O PSdeG-PSOE de Corcubión denuncia a “forma de gobernar” do actual executivo municipal, ao que acusa de actuar “á marxe dos procedementos e das normas” de maneira reiterada, mentres á veciñanza “se lle esixen limitacións e requisitos estritos, especialmente no casco histórico”. Segundo explicou o grupo socialista, o propio alcalde recoñeceu no último pleno que …

O PSOE da Laracha esixe transparencia e participación veciñal no proxecto da central hidroeléctrica en Montemaior

O PSdeG-PSOE da Laracha, a través da súa portavoz Inés Ramos, manifestou o seu “apoio absoluto” aos veciños e veciñas de Montemaior e do conxunto do municipio ante o anuncio da futura instalación dunha central hidroeléctrica de bombeo promovida por Gnera Enerxía, un proxecto que suporía un investimento de 120 millóns de euros. Dende o …

O PSdeG de Cariño reclama que se empreguen os fondos da Deputación para adquirir un novo camión do lixo e material para o SAF

O PSdeG-PSOE de Cariño presenta ao goberno local unha proposta para que se empreguen os fondos asignados ao Concello pola Deputación da Coruña no POS+2026 para adquirir un novo camión compactador para a recollida de lixo, así como novo material para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Dende o Grupo Municipal Socialista sinalan que …

O PSdeG provincial esixe ao concello de Outes “o cumprimento inmediato da legalidade” e advirte de que acudirá á Xustiza se persiste a irregularidade

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña esixe ao Concello de Outes o “cumprimento inmediato da legalidade” e advirte de que acudirá á Xustiza se persiste a irregularidade. A Agrupación Provincial Socialista presentou ante o Concello un completo escrito de alegacións no marco do Expediente 192/2025, no que se solicita a aplicación inmediata das consecuencias legais derivadas …