Category: Orzamentos
O PSdeG da Laracha critica que o concello siga sen orzamentos a pesar da maioría absoluta do PP
A portavoz socialista na Laracha, Inés Ramos, critica que o Goberno municipal do PP aínda non teña aprobados os orzamentos deste ano. Para Ramos, esta situación demostra “incapacidade de xestión, descoñecemento da realidade e un desprezo absoluto pola veciñanza da Laracha”. Segundo explicou, o PP goberna con maioría absoluta, polo que non ten que negociar …
O PSOE vota en contra dos orzamentos de Lousame ante a falta de investimentos propios, que supoñen só “un 4% do orzamento”
O PSdeG de Lousame vota en contra dos orzamentos para o ano 2026 no municipio ante a falta de investimentos propios: “O noso municipio precisa dunhas contas que aposten polo territorio e o dinamicen, que permitan avances e que non os fagan depender do que se decide noutras instancias”. O voceiro socialista local, Juan José Prego Ces, destacou en primeiro lugar que “a contía dos orzamentos, que se presentan como os máis altos da historia do municipio, non é froito da boa xestión do goberno municipal, senón do …
O PSdeG denuncia que a Xunta “esquece a Cariño” nos seus Orzamentos para 2026
O PSdeG-PSOE denuncia que o goberno da Xunta de Galicia “esquece a Cariño” nos seus orzamentos para o vindeiro ano 2026, nos que “non se contempla ningún investimento ou a posta en marcha de novos servizos no municipio”. O voceiro socialista en Cariño, Jonathan Miranda, lembra que o Grupo Parlamentario Socialista realizou no Parlamento galego …
O PSOE de Oza-Cesuras denuncia o retraso nos orzamentos de 2025: “Deberíamos estar aprobando as contas do ano seguinte”
O PSdeG-PSOE de Oza-Cesuras denuncia os retrasos na aprobación dos orzamentos municipais, calificando ao alcalde Pablo González Cacheiro, do Partido Popular, de “pésimo xestor”. “Un ano máis, o alcalde de Oza-Cesuras espera a final de ano para aprobar os orzamentos do exercicio, cando deberíamos estar aprobando as contas do ano seguinte”, lamentan dende a formación. O grupo socialista local sinala que “un ano máis o alcalde culpa deste atraso ás …
O PSdeG reclama na Estación de Autobuses de Ferrol unha “rehabilitación integral” tras anos de incumprimentos da Xunta
O deputado socialista no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza, acompañado por representantes socialistas da comarca, reclamou hoxe na estación de autobuses de Ferrol unha “rehabilitación integral” da infraestrutura, nun encontro cos medios no que criticou a falta de actuacións reais por parte da Xunta e a inacción do Goberno municipal. Bouza subliñou que as incidencias …
A deputada socialista Silvia Longueira presentará enmendas aos Orzamentos da Xunta
Lage: “A Xunta reduce en 2026 á metade os orzamentos nos colexios públicos da cidade, pasando de 8 millóns a 4. Teñen moitísimas carencias e a Xunta o único que fai é afondar nese deterioro” A deputada socialista pola Coruña no Parlamento de Galicia, Silvia Longueira, presentou hoxe en Zalaeta a proposta de emendas que …
O PSdeG reclámalle á Xunta a rehabilitación integral do CEIP Castelao de Ordes
O PSdeG-PSOE reclámalle á Xunta que incorpore nos seus orzamentos para 2026 a rehabilitación integral do edificio do CEIP Castelao de Ordes. “O colexio Castelao non pode seguir sendo un edificio encorado nos anos 50 mentres a Xunta presume de investimentos educativos”, sinala a voceira socialista local, Noelia Rivadas. “Por este colexio xa pasamos varias …
O PSdeG denuncia en Dumbría que os Orzamentos para 2026 volven “esquecer” á Costa da Morte
A deputada socialista Patricia Iglesias Rey encabezou hoxe en Dumbría unha rolda de prensa de valoración dos orzamentos da Xunta para 2026, acompañada de alcaldes, alcaldesas e portavoces socialistas da Costa da Morte. Iglesias sostivo que as contas autonómicas “volven esquecer esta comarca tan importante”, e advertiu de que a cidadanía percibe unha discriminación territorial: …
O PSdeG critica a falta de investimento da Xunta en Cabanas a pesar das necesidades en Sanidade, Educación e Infraestruturas
O PSdeG-PSOE de Cabanas lamenta a falta de investimentos da Xunta de Galicia á luz dos novos orzamentos da institución para o vindeiro ano 2026. Dende o Grupo Municipal Socialista sinalan as diferentes necesidades de municipio que consideran que precisarían de investimentos por parte da Xunta, comezando polas deficiencias do Centro de Saúde. “É necesario …
O PSdeG denuncia que a comarca de Bergantiños ten un 21% menos nos Orzamentos da Xunta para 2026 que en 2022
O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña lamenta o “abandono” da comarca de Bergantiños nos orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano 2026. O secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro sinalou isto nunha rolda de prensa en Carballo que contou coa participación tamén da parlamentaria socialista Patricia Iglesias e das voceiras e voceiros socialistas dos …
O PSdeG reclamará no Parlamento Galego un instituto para Valdoviño
O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento de Galicia que Valdoviño conte cun instituto, para o que presentarán unha emenda aos orzamentos da Xunta para 2026 e unha batería de iniciativas coa que pretenden que o Partido Popular se posicione ante esta cuestión. O alcalde socialista de Valdoviño, Alberto González, explica que a poboación do municipio está …
O PSdeG denuncia a ausencia de investimentos anunciados en Ferrol nos orzamentos da Xunta para 2026
O PSdeG asegura que os anuncios feitos esta semana pola Xunta de Galicia sobre investimentos na comarca e na cidade de Ferrol “non aparecen” no proxecto de Orzamentos para 2026. Segundo declara o parlamentario socialista Aitor Bouza, “vemos como, dende a Xunta de Galicia, se di que os orzamentos para o 2026 contemplan partidas que …
Besteiro ve nos “investimentos minguantes” do CHUAC o exemplo duns orzamentos galegos “absolutamente insuficientes” en toda a provincia
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, sinalou hoxe os “investimentos minguantes” para as obras do novo Hospital Universitario da Coruña como exemplo do que representa para toda a provincia o proxecto de Orzamentos da Xunta. O tamén portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia advertiu que os traballos no complexo hospitalario …
O PSdeG reclámalle á Xunta que cofinancie a construción dun pavillón deportivo en Oroso
O PSdeG-PSOE presentará no Parlamento de Galicia unha batería de iniciativas para reclamarlle á Xunta que cofinancie a construción dun novo pavillón deportivo en Oroso, incluíndoo nos seus orzamentos para o ano 2026. “Dende o PSOE de Oroso tiñamos todo encamiñado, proxecto, ubicación e fondos dispoñibles para facer realidade o novo pavillón polideportivo”, explica o …
O PSdeG denuncia que “non hai nin rastro dos orzamentos da partida prometida polo PP para reformar o CEIP O Areal de Camariñas”
O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña denuncia que “non hai nin rastro nos orzamentos” da Xunta de Galicia para 2026 “da partida prometida polo PP para reformar o CEIP O Areal de Camariñas”. Así o expresou a deputada socialista no Parlamento galego Patricia Iglesias Rey, que se amosa “abraiada por eses anuncios e propaganda que fixo …