Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Category: Zas

O PSdeG de Zas impulsa o Premio Isabel Suárez Amado para “seguir co seu legado”

O PSdeG-PSOE de Zas pon en marcha o Premio Isabel Suárez Amado, co obxectivo de “seguir co seu legado e mantela sempre no recordo, a modo de homenaxe permanente”.  Así o deu a coñecer a secretaria xeral da agrupación socialista local Sheila Rial durante o acto de homenaxe a Suárez Amado celebrado na Casa do …

O PSdeG de Zas homenaxeará este sábado a Isabel Suárez Amado na Casa do Pobo ás 18:00

O PSdeG-PSOE de Zas dedicará o Día da Muller Rural, celebrado o pasado día 15 de outubro, á zaseira Mª Isabel Suárez Amado, cunha homenaxe que terá lugar este sábado 18 de outubro.  A Casa do Pobo, na Rúa Agra dos Cregos, acollerá ás 18:00 do sábado o acto e a entrega á familia dun …

O PSdeG de Zas homenaxeará a Isabel Suárez Amado, figura clave do movemento asociativo local

O vindeiro día 18 de outubro ás 18:00, o PSdeG de Zas fará un acto de homenaxe e recoñecemento a Isabel Suárez Amado, figura clave do tecido asociativo da vila, falecida no ano 2018. Sheila Rial, voceira socialista local, sinala que será “un acto pensado dende o cariño e o respecto, no cal se outorgará …

O PSdeG reclama unha rehabilitacion integral do CPI de Zas

O PSdeG-PSOE de Zas reuniuse no Parlamento de Galicia co Grupo Parlamentario Socialista para trasladarlle as demandas da comunidade educativa do CPI de Zas, despois de reunirse coa ANPA de dito centro.  A voceira socialista de Zas, Sheila Rial, participou na reunión xunto á deputada Patricia Iglesias e o deputado Aitor Bouza, coa fin de …

O PSdeG-PSOE de Zas logra o apoio unánime do pleno para reclamar a finalización da autovía da Costa a Morte e a supresión das peaxes da AG-55

– A iniciativa, presentada pola concelleira socialista Sheila Rial, solicita á Xunta de Galicia retomar o proxecto completo, redactar o tramo ata Cee e eliminar os peaxes, despois de dúas décadas de retrasos. A concelleira do Partido Socialista en Zas, Sheila Rial, presentou este venres na sesión do pleno ordinario correspondente ao mes de xullo, …

O PSOE de Zas celebra o Samaín cun magosto na Casa do Pobo o xoves 31 de outubro

O PSdeG-PSOE de Zas celebrará este xoves, día 31 de outubro, o seu “Samaín Magosteiro” con castañas de balde e un concurso de disfraces.  O evento terá lugar na Casa do Pobo de Zas, situada na rúa Agra dos Cregos, a partir das 19:30. A sede da organización foi inaugurada no pasado mes de xaneiro.  …

Os socialistas de Zas piden que se facilite de forma previa e por vía electrónica a documentación dos plenos”

-“O BNG oponse a unha demanda coa que só queremos estudiar e preparar os temas, co único obxectivo de defender os intereses dos veciños”, explica Sheila Rial O PSdeG de Zas levou ó ultimo pleno municipal unha moción sobre a documentación das sesións plenarias onde se pedía que “esa documentación, a relacionada coa orde do …