Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Category: Municipios

O PSOE da Laracha advirte de que “a veciñanza e as empresas larachesas van ser vítimas do sablazo do Partido Popular” 

Inés Ramos López, voceira do PSdeG-PSOE da Laracha, alerta do “desenfrenado incremento de impostos que van a pagar a veciñanza e empresarios de Laracha”. “É un sablazo fiscal, unha subida que vai danar a economía da veciñanza sen un retorno xustificado. É unha medida que demostra o libre albedrío co que goberna José Manuel López …

O PSdeG reclama á Xunta que financie a construción do polígono industrial de Pedras Vermellas en Ribeira

O PSdeG-PSOE reclama á Xunta de Galicia o financiamento da creación do polígono industrial de Pedras Vermellas, no municipio de Ribeira.  O Grupo Municipal Socialista no Parlamento galego presentou unha proposición non de lei para instar á Xunta a establecer ao longo do ano 2024 as liñas e contías de financiamento plurianuais necesarias para a …

O PSOE da Laracha critica “que o alcalde lle pague 14.000€ a unha empresa para non ter que negociar el co funcionariado”

O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia que o alcalde do municipio non asistiu ás negociacións respecto do persoal da Policía Local, que leva inoperativa dende maio deste ano.  A voceira socialista local Inés Ramos López critica a xestión municipal desta problemática, censurando tamén que se asignase a elaboración da Relación de Postos de Traballo a unha …

O PSOE de Mugardos denuncia “as mentiras do PP respecto da casa de Bello Piñeiro”

O PSdeG-PSOE de Mugardos denuncia “as mentiras do PP respecto da casa de Bello Piñeiro”, destacado pintor mugardés de comezos do século XX. Así o expresou o voceiro socialista local, José Ángel Martínez Bardanca, que sinalou que “este caso é un claro exemplo de como o goberno municipal do Partido Popular engana constantemente á veciñanza”. …

O PSOE de Ribeira reclama á Xunta axudas ao sector pesqueiro da localidade

O PSdeG-PSOE de Ribeira reclama á Xunta de Galicia axudas ao sector pesqueiro da localidade para garantir a súa actividade ante as problemáticas que este está a experimentar. O voceiro socialista local e segundo tenente de alcalde de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, asistiu xunto a outros representantes do Concello a unha reunión coa Confraría de Pescadores …

Alcaldes e alcaldesas socialistas de toda a provincia arroupan a Iago Toba no pleno da moción de censura en Muxía

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña arroupa a Iago Toba no pleno municipal da moción de censura impulsada en Muxía por PP, BNG e independentes. Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña, acudiu a Muxía xunto a decenas de alcaldes, alcaldesas, portavoces e edís socialistas de toda a provincia. Estiveron presentes en Muxía os alcaldes …

A entrevista ao alcalde socialista Iago Toba sobre a moción de censura en Muxía consegue 16.000 reproduccións en menos de 24 horas

-“Primeiro negaron que houbese un acordo, tomando á xente por tonta, porque teñen medo de que a letra pequena dese acordo poña en risco a súa viabilidade”, sinala Toba A entrevista ao alcalde socialista de Muxía, Iago Toba Campaña, sobre a moción de censura pactada no municipio por PP, BNG e independentes, obtén 16.000 reproducións …

O PSOE de Rianxo solicita explicacións ao alcalde sobre os retrasos e deficiencias en diferentes obras no municipio

-O voceiro socialista Óscar Rial incide en que “as deficiencias detectadas están a provocar un importante prexuízo para os veciños, afectando directamente á súa calidade de vida” -Os socialistas de Rianxo solicitan explicacións ao alcalde “polas deficiencias nas obras executadas cos fondos que a Deputación da Coruña concede a Rianxo a través do Plan de …

O PSOE de Coristanco reclama á Xunta de Galicia que solucione “as múltiples deficiencias do CEIP Canosa-Rus”

-O voceiro socialista José Manuel Pérez Abelenda denuncia os “defectos estruturais do edificio que provocan a entrada de auga no centro” entre outras necesidades – O PSdeG-PSOE de Coristanco presentou unha moción, aprobada de xeito unánime no pleno municipal, na que se reclama á Xunta de Galicia que solucione as deficiencias do CEIP Canosa-Rus. A …

Iago Toba reta ás tres forzas políticas que impulsan a moción “a que fagan públicos xa os detalles dos acordo e digan como será o goberno”

-“Se non o fan de forma inmediata, está claro que teñen cousas que agochar que poden poñer en risco a viabilidade da operación”, sostén o alcalde socialista Iago Toba, alcalde socialista de Muxía, reta ás tres forzas políticas que impulsan a moción de censura no concello “a que fagan públicos de forma inmediata, hoxe mesmo, …

Os socialistas de Zas piden que se facilite de forma previa e por vía electrónica a documentación dos plenos”

-“O BNG oponse a unha demanda coa que só queremos estudiar e preparar os temas, co único obxectivo de defender os intereses dos veciños”, explica Sheila Rial O PSdeG de Zas levou ó ultimo pleno municipal unha moción sobre a documentación das sesións plenarias onde se pedía que “esa documentación, a relacionada coa orde do …

Bernardo Fernández traslada “o apoio do socialismo galego a Iago Toba e aos veciños de Muxía, aos que se lles vai impoñer un alcalde que non elixiron nas urnas”

-“Ana Pontón debe aclarar se cumpre o que di ou só fala para a galería, o BNG ten nas súas mans parar esta moción de censura”, afirma -“Os dous partidos que apoian a moción de censura non aclaran se entrarán no goberno local, que pode ter só dous concelleiros”, engade o secretario xeral provincial -“A …

Os socialistas da Laracha lamentan que o alcalde “non actúe ante o problema coas ratios de alumnos e as matriculacións fóra de prazo no concello”

Os socialistas da Laracha critican que o alcalde, José Manuel López, “non actúe ante os problemas que preocupan á comunidade educativa local”. “Levamos ao pleno desta semana dous mocións sobre á matriculación de alumnado fóra de prazo e sobre as ratios de alumnos por clase”, explica a portavoz do PSOE, Inés Ramos López. “O alcalde …

Francisco Suárez-Puerta demándalle ao alcalde de Ribeira “máis axilidade para sacar adiante a variante e o novo polígono”

-“Son proxectos estratéxicos para o concello e non vemos avances; o proxecto definitivo de urbanización do polígono aprobouse no pleno de xullo”, sostén o portavoz do PSOE. -“Deben plantexarse xa as posibles ubicacións para o novo centro de saúde”, engade. Francisco Suárez Puerta, portavoz dos socialistas de Ribeira, demándalle ao alcalde, Luis Pérez Barral, “máis …

O PSdeG-PSOE provincial denuncia “intereses escuros” trala moción de censura de Muxía e critica que o BNG “poña o seu voto ao servizo da dereita”

-Os socialistas consideran “unha aberración democrática” a moción para retirar da alcaldía aos socialistas, que foron a forza política máis votada, e situar na alcaldía á terceira forza, con só dous concelleiros. -Instan ao BNG a actuar con contundencia: “Non abonda con dicir que desautorizan esta manobra e que se abrirá un expediente, hai que …