Category: Carral
O PSdeG reclámalle á Xunta que no Centro de Saúde de Carral se poidan pasar consultas “sen estar debaixo de pingueiras”
A deputada socialista Silvia Longueira reclamoulle hoxe á Xunta que execute as obras de mantemento necesarias para que no centro de saúde de Carral se poida pasar consulta “sen estar debaixo de pingueiras”. Referiuse así ás deficiencias que se rexistran nun edificio que queda pequeno para atender á poboación da localidade e que presenta numerosas …
O PSdeG de Carral solicita información ás tres administracións sobre o cambio de uso do solo residencial no polígono dos Capelos
O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Carral rexistrou no día de hoxe solicitudes formais de información ante tres administracións públicas co obxectivo de coñecer con detalle o procedemento de cambio de uso do solo residencial a industrial no ámbito do Polígono de Os Capelos. A iniciativa foi presentada pola voceira socialista, Patricia Blanco …
O PSdeG denuncia as condicións “indignas” do Centro de Saúde de Carral e reclama un novo
O Grupo Socialista no Parlamento galego denuncia as condicións “indignas” do Centro de Saúde de Carral e reclámalle á Xunta de Galicia a construción dun novo, tal e como foi prometido polo alcalde da localidade. A parlamentaria socialista Silvia Longueira enumera problemas tales como “humidades, mantemento que nunca se efectuou nas dependencias” e que se …
O PSdeG demanda máis profesorado de Educación Especial no CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral
O PSdeG-PSOE presentará no Parlamento galego unha batería de iniciativas coas que pedirán máis profesorado de apoio para o alumnado con necesidades especiais no CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral. Silvia Longueira, deputada no Parlamento de Galicia, e Obdulia Taboadela, deputada no Congreso, reuníronse en Carral coa ANPA do colexio para coñecer a situación e …
O Grupo Socialista de Carral impulsa unha moción para mellorar a atención ao alumnado ante a falta de recursos no CEIP Vicente Otero
– A iniciativa pide á Xunta máis profesorado, persoal de apoio, unha nova aula de Infantil e medidas para mellorar a atención ao alumnado con necesidades específicas O compromiso acadado coa ANPA do CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral materializouse hoxe coa presentación no rexistro municipal dunha moción asinada por concelleiras e concelleiros de varios …
O PSOE de Carral apoia as reivindicacións da ANPA do CEIP Vicente Otero Valcárcel e as súas mobilizacións
-As familias maniféstanse ás 9:00 horas na entrada do centro educativo O PSdeG-PSOE de Carral amosa o seu apoio ás reivindicacións da ANPA do CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel, que reclama mestres especialistas en atención á diversidade e persoal coidador entre outras necesidades. Este apoio chega con motivo da manifestación convocada na entrada do centro …
O PSdeG de Carral rexeita as acusacións e insultos do alcalde de Oleiros á súa voceira Patricia Blanco
-Dende a organización esíxenlle ao líder de Alternativa dos Veciños unha desculpa polas súas declaracións na radio O PSdeG-PSOE rexeita as acusacións e insultos vertidos na radio por Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros e líder de Alternativa dos Veciños, contra a voceira socialista local Patricia Blanco, e esixe unha desculpa. Ante ditas acusacións, dende …