Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Category: Cariño

O PSdeG denuncia que a Xunta “esquece a Cariño” nos seus Orzamentos para 2026

O PSdeG-PSOE denuncia que o goberno da Xunta de Galicia “esquece a Cariño” nos seus orzamentos para o vindeiro ano 2026, nos que “non se contempla ningún investimento ou a posta en marcha de novos servizos no municipio”. O voceiro socialista en Cariño, Jonathan Miranda, lembra que o Grupo Parlamentario Socialista realizou no Parlamento galego …

O PSdeG de Cariño reclama que se empreguen os fondos da Deputación para adquirir un novo camión do lixo e material para o SAF

O PSdeG-PSOE de Cariño presenta ao goberno local unha proposta para que se empreguen os fondos asignados ao Concello pola Deputación da Coruña no POS+2026 para adquirir un novo camión compactador para a recollida de lixo, así como novo material para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Dende o Grupo Municipal Socialista sinalan que …

O PSdeG de Cariño organiza unha xuntanza informativa sobre as axudas da Deputación para asociacións e outras entidades

O PSdeG-PSOE de Cariño organiza mañá, martes 2 de decembro, unha xuntanza informativa sobre as liñas xerais e as novidades das axudas da Deputación da Coruña para o ano 2026. Terá lugar ás 20:30 no local social da Casa do Concello, situado na avenida da Paz e conta coa colaboración do Grupo Provincial Socialista. Participará …

O PSdeG de Cariño reclama no Pleno unha sección da Escola Oficial de Idiomas no IES Cabo Ortegal

O PSdeG-PSOE de Cariño reclama mediante unha moción no pleno municipal que se implante unha sección da Escola Oficial de Idiomas (EOI) no instituto Cabo Ortegal do municipio. O Grupo Municipal Socialista comeza argumentando que Cariño é un concello bastante illado e con carencias no transporte público, o que imposibilita a asistencia da nosa veciñanza …

O PSdeG denuncia os 13 días de espera para unha cita de Atención Primaria en Cariño e esixe solucións á Xunta

O PSdeG alerta da situación “inadmisible” que sofre a veciñanza de Cariño pola falta de cobertura médica no Centro de Saúde, que obriga ás persoas usuarias a esperar ata 13 días para unha cita de atención primaria, consecuencia “da incapacidade e da falta absoluta de planificación do Goberno de Alfonso Rueda”. O voceiro socialista en …

O Partido Socialista denuncia os 13 días de espera para unha cita de atención primaria en Cariño e anuncia iniciativas no Parlamento e no Concello para esixir solucións inmediatas

O Partido Socialista alerta da situación “inadmisible” que sofre a veciñanza de Cariño pola falta de cobertura médica no Centro de Saúde, que obriga ás persoas usuarias a esperar ata 13 días para unha cita de atención primaria. Unha situación que, segundo o PSdeG, é consecuencia directa “da incapacidade e da falta absoluta de planificación …