Category: Cabanas
O PSdeG forza a aprobación de medidas de control en Cabanas mentres o alcalde non dá explicacións e consolida un goberno sen planificación
O Grupo Municipal Socialista de Cabanas conseguiu no último pleno a aprobación dunha moción clave para reforzar o control da legalidade na xestión económica do municipio, ante unha situación que xa non pode considerarse puntual, senón un problema estrutural. Desde o PSdeG-PSOE advirten que non se trata de erros illados, senón dunha forma de gobernar …
O PSOE denuncia a “parálise” do goberno de Cabanas e pide responsabilidade política ante un executivo “sen equipo e sen explicacións”
O pleno extraordinario celebrado esta semana no Concello de Cabanas, solicitado polo Grupo Municipal Socialista para aclarar a situación do cobro do aparcadoiro da Praia da Madalena e a xestión do piñeiral, deixou para o PSdeG “unha conclusión preocupante”, xa que “o goberno municipal do PP continúa sen ofrecer respostas claras nin asumir responsabilidades sobre …
O PSOE de Cabanas reúnese co delegado do Goberno para propoñer melloras na humanización da N-651 no municipio
O Grupo Municipal Socialista de Cabanas mantivo unha reunión de traballo co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, para abordar o avance do proxecto de humanización da N-651 ao seu paso polo municipio. Durante o encontro, o PSdeG-PSOE local trasladou ao delegado “a necesidade de que a actuación non se limite á proposta …
O PSdeG de Cabanas reclama un pleno extraordinario sobre o cobro no aparcadoiro da Praia da Madalena
O PsdeG-PSOE de Cabanas solicita por rexistro xeral a convocatoria dun pleno extraordinario, no prazo máximo legal de 15 días hábiles, para tratar a cuestión do cobro do prezo público no aparcadoiro da Praia da Madalena. Dende o Grupo Municipal Socialista inclúen na solicitude unha proposta de orde do día que comezaría cunha comparecencia da …
O PSdeG-PSOE leva ao pleno de Cabanas a situación dos parques infantís
O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE levou ao pleno celebrado estes días no Concello de Cabanas unha iniciativa centrada na seguridade dos espazos públicos a través dunha moción sobre o mal estado dos parques infantís municipais. O grupo socialista presentou unha moción na que expón o deterioro xeralizado das áreas de xogo do municipio e a …
O PSOE de Cabanas inicia unha nova etapa co obxectivo de recuperar un goberno progresista no muncipio
O PSOE de Cabanas abre unha nova etapa política coa incorporación ao grupo municipal, no pleno celebrado hoxe mércores, de Beatriz Carbón e Fran Romero Bustabad, que se suman á actual concelleira socialista Conchi Rodríguez Ferreiro. Os novos edís socialistas substitúen a Carlos Ladra e Delfín Feal, tras a renuncia doutros candidatos e candidatas da …
O PSdeG critica a falta de investimento da Xunta en Cabanas a pesar das necesidades en Sanidade, Educación e Infraestruturas
O PSdeG-PSOE de Cabanas lamenta a falta de investimentos da Xunta de Galicia á luz dos novos orzamentos da institución para o vindeiro ano 2026. Dende o Grupo Municipal Socialista sinalan as diferentes necesidades de municipio que consideran que precisarían de investimentos por parte da Xunta, comezando polas deficiencias do Centro de Saúde. “É necesario …
O PSdeG de Cabanas reúnese coas asociacións veciñais, culturais e deportivas para falar das novas subvencións da Deputación
O PSdeG-PSOE de Cabanas celebrou unha reunión informativa dirixida ás asociacións veciñais, culturais e deportivas do municipio, co obxectivo de dar a coñecer a nova liña de subvencións da Deputación da Coruña destinada a apoiar as actividades e proxectos deste tipo de entidades. O encontro estivo presentado pola portavoz do grupo municipal socialista, Concepción Rodríguez, …
O PSdeG de Cabanas denuncia que continúan os vertidos de auga nos sumidoiros no Piñeiral da Magdalena
O alcalde popular afirmou, nun pleno extraordinario convocado a iniciativa dos socialistas, que falara con Augas de Galicia para que non se realizasen máis vertidos procedentes das obras no paseo. O PSdeG-PSOE de Cabanas denuncia que continúan os vertidos de auga dos sumidoiros no piñeiral da Magdalena, a pesar de que o alcalde afirmara que …