Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Category: A Coruña

O PSdeG denuncia graves deficiencias no CHUAC e esixe á Xunta garantías de seguridade e intimidade para os pacientes

PSdeG. A deputada socialista Silvia Longueira advertiu hoxe de que a situación do CHUAC “chegou ao límite” e responsabilizou á Xunta da “desorganización e falta absoluta de planificación” tanto nas obras como no funcionamento diario do hospital. Longueira denunciou que en unidades como a planta cuarta se está hospitalizando a doentes en corredores abertos, sen …

A deputada socialista Silvia Longueira presentará enmendas aos Orzamentos da Xunta

Lage: “A Xunta reduce en 2026 á metade os orzamentos nos colexios públicos da cidade, pasando de 8 millóns a 4. Teñen moitísimas carencias e a Xunta o único que fai é afondar nese deterioro” A deputada socialista pola Coruña no Parlamento de Galicia, Silvia Longueira, presentou hoxe en Zalaeta a proposta de emendas que …

Presentación do libro “María Vázquez: a mestra socialista eliminada polo franquismo” de Aurora Marco

Terá lugar este xoves día 6 de novembro na Fundación Luís Seoane Esta semana terá lugar na Fundación Luís Seoane a presentación do novo libro de Aurora Marco “María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo”. María Vázquez Suárez dálle nome aos premios de Igualdade do PSdeG-PSOE, que recoñecen a persoas e entidades que traballan …

Debate – A Vivenda: dereito ou negocio

O encontro estará moderado por Rafael Arangüena, e supón unha nova ocación para reforzar os vínculos da nosa militancia e para compartir tempo, ideas e reflexións. Este xoves, día 30 de outubro, ás 19:30 horas na Casa do Pobo da Coruña.

Silvia Longueira acusa á Xunta de “non defender fondos e parcelas públicas” ante o risco de non perder 10 millóns de euros en Xuxán

A deputada socialista no Parlamento galego, Silvia Longueira, acompañada polo eurodeputado Nicolás González Casares, mantivo un encontro cos cooperativistas de Xuxán para analizar a situación do proxecto das 214 vivendas de alugueiro social e o risco de perder 10 millóns de euros en fondos Next Generation debido aos atrasos na súa execución. Galivivienda, sociedade cooperativa …

O Grupo Parlamentario Socialista sinala que a Xunta “ten un merecumbé montado” co proxecto de vivendas de alugueiro social de Xuxán

A parlamentaria socialista Silvia Longueira apuntou hoxe que a Xunta “ten un merecumbé montado coa xestora de Galivivienda, Gesvieco e o arquitecto” das vivendas de alugueiro social de Xuxán. Longueira presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que lle reclamou á conselleira de Vivenda que “faga o seu traballo” para protexer aos cooperativistas …

O Grupo Socialista da Laracha denuncia o estado de abandono do Centro Sociocultural da Insua de Caión e reclama a súa recuperación inmediata

– A voceira socialista Inés Ramos critica a falta de uso das instalacións municipais e esixe horarios amplos e unha programación estable para a veciñanza O Grupo Municipal Socialista de A Laracha denuncia o estado de abandono e desuso no que se atopa o Centro Sociocultural da Insua en Caión, un espazo público “que podería …

O PSdeG denuncia que os cooperativistas de Xuxán están ao límite e urxe a Rueda que paralice a chantaxe da xestora e garanta os prezos sociais das vivendas

–Silvia Longueira e Julio Abalde advertiron que se o presidente galego non actúa antes do venres, “será cómplice” dunha operación urbanística opaca que se está a desenvolver en parcelas da Xunta. –Os deputados, que acudiron ao novo barrio na compaña do concelleiro de Urbanismo coruñés e de afectados, esixirán explicacións no Parlamento sobre os máis …