Category: Mar
O PSdeG-PSOE lembra que o PP apoiou en Bruxelas o Regulamento de Control da Pesca que agora critica en Galicia
A parlamentaria socialista Patricia Iglesias lamenta a “contradición” do Partido Popular ao presentarse en Galicia como defensor do sector pesqueiro mentres en Bruxelas apoiou a aprobación do Regulamento de Control da Pesca, unha norma comunitaria que agora critica publicamente no territorio galego. Os socialistas responden así ás declaracións realizadas polo PP en Muxía, onde asegurou estar “do lado da xente do mar” e acusou ao PSOE de incoherencia, ao tempo que se autodefiniu como “o …
O PSdeG reclama axudas directas da Xunta de Galicia ao sector marisqueiro da ría de Ferrol “de maneira inmediata”
O PSdeG-PSOE reclama axudas directas da Xunta de Galicia ao sector marisqueiro da Ría de Ferrol logo da reclasificación como zona C de boa parte do banco marisqueiro das Pías. Así o sinalou o deputado no Parlamento galego Aitor Bouza, que explicou que INTECTMAR detectou nas súas análises “niveis de contaminación que eran incompatibles co …
O Grupo Parlamentario Socialista acusa ao PP de bloquear a dragaxe do porto de Lorbé -Oleiros-
–Julio Abalde advirte que a perda de calado inhabilita boa parte do porto e a intervención é “imprescindible para garantir a actividade da flota pesqueira” O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio Abalde, acusou hoxe ao PP de bloquear a dragaxe do porto pesqueiro de Lorbé, en Oleiros, para retirar os áridos e sedimentos …
O Grupo Socialista no Parlamento denuncia que o PP evita comprometer unha data para iniciar a amplicación do Porto de Lorbé
Julio Abalde critica que logo de dous anos de terse comprometido non hai “nin proxecto, nin ampliación, nin dique, nin pantaláns”, evidenciando que o anuncio era “fume electoral” O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio Abalde, criticou hoxe que o PP evite comprometer unha data para executar a ampliación do porto de Lorbé, en …
O PP négase a poñer en marcha axudas aos mariscadores e mariscadoras afectados polo peche dos bancos
Julio Abalde criticou que os populares lle dean as costas ao sector pese a descensos de produción que no caso de especies coma o berberecho chegan a un 93 % Galicia. O PP rexeitou hoxe na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia a posta en marcha de axudas aos mariscadores e mariscadoras …
O PSOE de Ribeira reclama á Xunta axudas ao sector pesqueiro da localidade
O PSdeG-PSOE de Ribeira reclama á Xunta de Galicia axudas ao sector pesqueiro da localidade para garantir a súa actividade ante as problemáticas que este está a experimentar. O voceiro socialista local e segundo tenente de alcalde de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, asistiu xunto a outros representantes do Concello a unha reunión coa Confraría de Pescadores …
O Grupo Parlamentario Socialista esíxelle á Xunta que asuma as súas competencias e garanta axudas para as mariscadoras do Burgo mentres se recupera a poboación de bivalvos
Julio Abalde reclámalle a Pesca que responda á proposta de Plan de traballo enviada pola Confraría e que “cambie confrontación por colaboración” polo ben das mariscadoras O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio Abalde, reclamoulle hoxe á Xunta que deixe de confrontar e comece a colaborar apoiando ás mariscadoras da ría do Burgo mentres …