Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Category: Deportes

O PSOE de Rianxo presenta e consegue a aprobación dunha proposta para mellorar e planificar as actuacións nos campos de fútbol municipais

Rianxo. O PSOE de Rianxo presentou e conseguiu a aprobación dunha proposta que permitirá avanzar na renovación urxente da herba sintética do Campo Municipal de Vilas e planificar as actuacións necesarias no Campo Municipal da Lomba, co obxectivo de garantir unhas instalacións deportivas seguras, modernas e axeitadas para o uso diario de clubs, escolas e …

O Grupo Socialista de Rianxo leva ao Pleno iniciativas clave para avanzar en benestar, xustiza veciñal e deporte municipal

Rianxo. O Grupo Municipal Socialista de Rianxo reafirma o seu papel como oposición útil e propositiva coa presentación de varias iniciativas no vindeiro Pleno, orientadas a mellorar o benestar da veciñanza, impulsar o desenvolvemento urbanístico e garantir instalacións deportivas seguras e de calidade. O PSOE de Rianxo reclama actuacións urxentes no campo de fútbol de …

O PSOE da Laracha presentará emendas á ordenanza das taxas deportivas

O martes 28 de outubro celebrarase un pleno extraordinario no Concello da Laracha no que o Grupo Municipal Socialista da Laracha anunciou que presentará emendas á ordenanza fiscal 3.5, relativa á taxa pola xestión de reservas nas instalacións deportivas municipais. O obxectivo, segundo explica a voceira socialista, Inés Ramos, “é mellorar a ordenanza e avanzar …

O PSdeG reclámalle á Xunta que cofinancie a construción dun pavillón deportivo en Oroso

O PSdeG-PSOE presentará no Parlamento de Galicia unha batería de iniciativas para reclamarlle á Xunta que cofinancie a construción dun novo pavillón deportivo en Oroso, incluíndoo nos seus orzamentos para o ano 2026. “Dende o PSOE de Oroso tiñamos todo encamiñado, proxecto, ubicación e fondos dispoñibles para facer realidade o novo pavillón polideportivo”, explica o …

O PSOE de Cerdido denuncia o “estado de abandono” das inmediacións do campo de fútbol e o CEIP da Barqueira

O PSdeG-PSOE de Cerdido denuncia o “estado de abandono” no que se atopan as inmediacións do campo de fútbol municipal Bernardino Breijo e o CEIP da Barqueira.  En palabras do voceiro socialista local Brais Prieto, “o estado da contorna do campo de fútbol da Barqueira e do colexio súmase ao estado de abandono xeral en …

O PSdeG-PSOE de Cerdido lamenta “a insuficiente programación cultural e deportiva durante o verán”

O PSdeG-PSOE de Cerdido lamenta, en palabras do seu voceiro local Brais Prieto, “a insuficiente programación cultural e deportiva durante o verán no municipio”. Durante o último pleno ordinario, os socialistas incidiron en que “non se levou a cabo ningunha obra de teatro durante o verán”. “Ademais, leváronse a cabo 3 actuacións musicais nun mesmo …