Alcaldes e alcaldesas socialistas de toda a provincia arroupan a Iago Toba no pleno da moción de censura en Muxía
O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña arroupa a Iago Toba no pleno municipal da moción de censura impulsada en Muxía por PP, BNG e independentes.
Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña, acudiu a Muxía xunto a decenas de alcaldes, alcaldesas, portavoces e edís socialistas de toda a provincia.
Estiveron presentes en Muxía os alcaldes e alcaldesas socialistas de municipios como A Baña, Bergondo, Camariñas, Cee, Cerceda, Dumbría, Negreira, Paderne, Santa Comba, Val do Dubra, Valdoviño ou Vimianzo, entre outros.
Tamén arrouparon a Iago Toba en Muxía voceiras, voceiros, concelleiras e concelleiros socialistas de toda a Costa da Morte, así como doutros puntos da provincia da Coruña.
O PSdeG provincial amosa así o seu apoio ao rexedor de Muxía ante a moción de censura impulsada pola oposición para outorgar a alcaldía a Independentes de Muxía, que conta con 2 edís na corporación municipal fronte aos 5 dos socialistas.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS