A Secretaría provincial de Maiores organiza unha xornada para conmemorar o Día Internacional das Persoas de Idade
-Terá lugar en Culleredo o vindeiro martes, día 1 de outubro, e constará de tres charlas.
A secretaria provincial de Maiores (María José Cebreiro), en colaboración coa compañeira Penélope López, concelleira de Servizos Sociais en Culleredo, organiza o vindeiro martes día 1 de outubro unha xornada para conmemorar o Día Internacional das Persoas de Idade.
Nestas xornadas participarán, entre outras persoas:
- Carmen Acuña do Campo: Médica no CS de Mera, concelleira en Oleiros e secretaria provincial de Sanidade. Falará da Sanidade para maiores.
- Santiago Porta Dovalo: psicólogo e sociólogo, ex-funcionario da Xunta e concello da Coruña, falará dos Servizos Sociais orientados ás persoas maiores.
- Humberto Ramírez Fouz: adestrador e director deportivo do CRAT; falará sobre deporte para xente de idade.
O acto está aberto a toda as persoas que queiran asistir, e terá lugar ás 19:30 horas no Edificio de Servizos Públicos do Burgo, en Culleredo.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS