A Secretaría provincial de Maiores e Pensións organiza un acto para conmemorar o Día Internacional das Persoas Maiores
- O acto terá lugar en Betanzos este xoves, día 2 de outubro, ás 19:00 horas no Liceo de Betanzos
ESTE ACTO APRÁZASE A UNHA NOVA DATA AÍNDA POR CONFIRMAR. INFORMARASE O ANTES POSIBLE DA NOVA CONVOCATORIA.
Para conmemorar o Día Internacional das Persoas Maiores, a secretaria provincial de Maiores e Pensións, María José Cebreiro, organiza un acto este xoves que contará con diferentes expertos.
O acto, que é aberto a todas as persoas interesadas, contará con:
- Antonio Asensi, médico de familia
- Manuela Vilaboy Romero, pedagoga e secretaria provincial de Igualdade
- Humberto Ramírez Fouz, director deportivo
Presentarán o acto María Barral Varela, alcaldesa de Betanzos, e o noso secretario xeral provincial, Bernardo Fernández Piñeiro.

Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS