Skip to content

Galego

Español

A Deputación atenderá a petición do PSOE de Lousame para ampliar e mellorar a seguridade da estrada DP-4201

– As obras suporán unha importante mellora da seguridade nos núcleos de Boca do Souto, A Chave e Aldea Grande

-O portavoz socialista na Deputación, Bernardo Fernández, visitou hoxe a zona acompañado do portavoz local do PSOE, Juan José Pego, e confirmou que as obras se acometerán por fases.


A Deputación da Coruña atenderá a petición dos socialistas de Lousame de levar a cabo obras de ampliación e mellora da seguridade vial na estrada provincial DP 4201.

As obras permitirán incrementar o ancho da estrada, renovar o firme deteriorado e construír varios tramos de sendas para garantir a seguridade dos peóns nun vial que conecta Boca do Souto, A Chave e Aldea Grande, tres núcleos rurais do municipio, que actualmente carecen de beiravías peonís.

Así o confirmou o portavoz do Grupo Socialista na Deputación da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, que hoxe visitou a zona acompañado do portavoz do PSOE de Lousame, Juan José Pego Ces, onde comprobou in situ a necesidade desta actuación.

“Trátase dunha obra que vai supor un investimento importante, polo que teremos que acometela por fases, pero o noso compromiso é levala a cabo, tal e como nos demanda o PSOE de Lousame e a veciñanza, porque se trata dunha actuación fundamental para garantir a seguridade vial e dos veciños que circulan a pé nas marxes desta estrada, que conecta tres importantes núcleos do municipio”, afirmou Bernardo Fernández.  O portavoz provincial dos socialistas explicou que “parece ser que o Concello de Lousame xa ten un proxecto redactado, pero que aínda non foi presentado na Deputación, polo que imos a pedir que se actualice e redefina ese proxecto, tanto en prezo como a nivel técnico, porque entendemos que dado o ancho da vía nalgúns puntos non serían necesarias expropiacións”, apuntou.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes

LunMarMiéJueVieSábDom
2829301234567891011121314151617181920212223242526272829303112345678
LunMarMiéJueVieSábDom
2829301234567891011121314151617181920212223242526272829303112345678