O PSOE de Zas celebra o Samaín cun magosto na Casa do Pobo o xoves 31 de outubro
O PSdeG-PSOE de Zas celebrará este xoves, día 31 de outubro, o seu “Samaín Magosteiro” con castañas de balde e un concurso de disfraces.
O evento terá lugar na Casa do Pobo de Zas, situada na rúa Agra dos Cregos, a partir das 19:30. A sede da organización foi inaugurada no pasado mes de xaneiro.
“Dende a súa apertura estamos celebrando diversas actividades na Casa do Pobo, e agora imos celebrar o Samaín cun magosto moi especial”, sinala a voceira socialista local, Sheila Rial Mata.
“Na festa haberá castañas de balde, decoración de Samaín, zona de pintar caretas, premios para os mellores disfraces, e moito máis”, avanza a socialista.
Rial Mata sinala que o PSdeG de Zas “aposta polas tradicións e pola cultura, e porque a veciñanza teña a súa disposición a maior oferta posible de actividades de lecer e un lugar onde divertirse e aprender”.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS