O PSdeG provincial reivindica en Culleredo os dereitos das persoas maiores
O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña celebrou, con motivo da conmemoración do Día Internacional das Persoas de Idade o pasado martes 1 de outubro, un acto de reivindicación dos dereitos das persoas maiores no Edificio de Servizos Públicos do Burgo, en Culleredo.
O evento foi organizado dende a Secretaría de Maiores da Comisión Executiva Provincial da organización, ostentada por María José Cebreiro, coa colaboración da concelleira socialista responsable da área Servizos Sociais en Culleredo, Penélope López.
O acto foi introducido por López e máis por Aitor Bouza en representación da Comisión Executiva Provincial, que destacou ante un salón ateigado que os dereitos das persoas maiores son “una cuestión fundamental para a nosa organización e para a nosa acción política”.
“Apostamos por este tipo de xornadas tamén como agradecemento a todas esas persoas maiores que tanto deron para que os que somos máis novos podamos estar hoxe onde estamos, e para compartir propostas coa ollada posta no futuro e no que queda por facer”, engadiu o socialista.
Interviñeron no acto o psicólogo e sociólogo Santiago Porta Dovalo, a médica Carmen Acuña do Campo e máis o deportista e adestrador Humberto Ramírez Fouz.
Santiago Porta Dovalo, que foi tamén funcionario da Xunta e do Concello da Coruña, deu a súa charla sobre a situación e os retos dos servizos sociais orientados ás persoas maiores.
Pola súa banda, Carmen Acuña, doutora no CS de Mera e concelleira socialista en Oleiros, ademáis de secretaria provincial de Sanidade, centrou a súa intervención nos desafíos que enfrontan as persoas maiores na sanidade.
Finalmente, Humberto Ramírez, ex-xogador do Club de Rugby Arquitectura Técnica (CRAT) da Coruña e director deportivo do equipo, falou sobre o deporte para a xente de idade e a súa importancia.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS