O PSOE de Coristanco reclama á Xunta de Galicia que solucione “as múltiples deficiencias do CEIP Canosa-Rus”
-O voceiro socialista José Manuel Pérez Abelenda denuncia os “defectos estruturais do edificio que provocan a entrada de auga no centro” entre outras necesidades
– O PSdeG-PSOE de Coristanco presentou unha moción, aprobada de xeito unánime no pleno municipal, na que se reclama á Xunta de Galicia que solucione as deficiencias do CEIP Canosa-Rus.
A moción foi presentada despois dunha reunión dos socialistas coa ANPA do centro, na que esta expuxo as necesidades que ten o mesmo.
A posteriori, houbo outra xuntanza co obxectivo de presentar unha iniciativa no Parlamento de Galicia no mesmo sentido. Nela participaron o voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda, o secretario xeral do PSdeG provincial Bernardo Fernández Piñeiro e os membros do Parlamento galego Patricia Iglesias Rey e Julio Abalde.
Pérez Abelenda explica que “os profesionais de Audición e Linguaxe teñen agora mesmo asignadas únicamente 19 horas no centro, cando o ano pasado, por exemplo, tiñan unha xornada completa e outra de persoal compartido”.
“A parte diso hai unha gran falta de mantemento, incluíndo incluso defectos estruturais do edificio que provocan a entrada de auga no centro”, sinala o socialista. “Todo isto foi trasladado en diversas ocasión ao Concello, que fixo caso omiso”, engade.
O voceiro socialista local destaca que “a moción presentada polo socialistas foi aprobada por todos os grupos que conforman a corporación municipal, pero nós pedimos algo máis”.
“Pedimos que se actúe con celeridade para solucionar as múltiples deficiencias que sofre o CEIP Canosa-Rus, posto que estas afectan gravemente o benestar dos nenos e as nenas que estudan no colexio”, conclúe Pérez Abelenda.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS