Será este sábado 31 de agosto, ás 12:00 horas na praza dos Voluntarios, para reclamar que se cubra a praza de especialista en Audición e Linguaxe
O PSdeG-PSOE de Laxe amosa o seu apoio ao alumnado do CPI Cabo da Area e ás súas familias fronte aos recortes no centro.
Os socialistas asistirán á concentración convocada este sábado, día 31 de agosto, en protesta contra esta situación. Será ás 12:00 horas na praza dos Voluntarios.
O estudantado e as familias rexeitan a non asignación de especialista de Audición e Linguaxe ao centro por parte da Consellería e Educación da Xunta de Galicia.
Dende o PSdeG-PSOE recalcan o seu apoio á reivindicación de que se cubra de novo a praza de especialista e reclaman á Xunta que cumpra coas demandas da veciñanza de Laxe.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS