Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE denuncia o despido temporal de traballadoras do SAF en Coristanco e reclama novas altas á Xunta

O voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda lembra que “Coristanco ten lista de agarda para recibir este servizo, está sendo reclamado pola veciñanza”


O PSdeG-PSOE de Coristanco denuncia o despido temporal de varias traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar local debido á baixa de varios usuarios e a que non se estean a dar altas novas. Así o trasladaron as traballadoras, que recibiron notificación por escrito por parte da empresa adxudicataria.

O voceiro socialista en Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda, reclama “á Xunta de Galicia que dea novas altas en Coristanco para preservar os dereitos das traballadoras e corrixir os fallos na axuda que se lle presta á veciñanza”.

Abelenda lembra que “Coristanco ten lista de agarda para recibir este servizo, está sendo reclamado pola veciñanza”. “É inadmisible que un servizo que están pagando cos seus impostos teña tantas carencias”, engade.

“Pedímoslle ao alcalde, que ten as competencias en servizos sociais despois de terllas retirado á anterior concelleira responsable, que traballe polos dereitos das traballadoras, e á empresa adxudicataria que os respecte”, sinala o socialista.

“O alcalde debe reclamarlle á Xunta esas novas altas, para garantir tanto os postos de traballo como a calidade do Servizo de Axuda no Fogar en Coristanco”, conclúe Abelenda.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes