Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Obdulia Taboadela destaca que máis de 100.000 mozos e mozas da provincia da Coruña se poderán beneficiar do programa de Verano Joven e o Bono Cultural

A deputada do PSdeG-PSOE no Congreso pola Coruña sinala que estas iniciativas “demostran o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa mocidade de toda España”

Para Taboadela, estas iniciativas dirixidas ás persoas novas “colaboran na súa formación como cidadáns a través da viaxe e do consumo de cultura”


Obdulia Taboadela, deputada socialista no Congreso pola provincia da Coruña, sinala que o programa Verano Joven e o Bono Cultural Joven “demostran o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa mocidade de toda España”.

“Máis de 100.000 mozos e mozas da provincia da Coruña se poderán beneficiar destes programas, dun total de 5.440.478 a nivel estatal”, destaca a parlamentaria.

“Estas iniciativas confirma unha vez máis que este Goberno pensa na mocidade, no seu presente e no seu futuro”, afirma Taboadela, xa que “colaboran na súa formación como cidadáns a través da viaxe e do consumo de cultura”.

Por unha banda, o programa Verano Joven permitirá viaxar a persoas de entre 18 e 30 años en tren, autobús e Interrail por España e por Europa con descontos que chegan ata o 90%. Estes descontos poderán ser aplicados a billetes mercados antes do 1 de xullo para viaxes entre esa data e o 30 de setembro de 2024.

Na provincia da Coruña, máis de 100.000 persoas poderán beneficiarse desta medida, que conta cun investimento de 130 millóns de euros por parte do Goberno de España.

Por outra banda, o Bono Cultural Joven poderá ser solicitado ata o día 16 de setembro polas persoas nacidas no ano 2006, e consiste nunha tarxeta prepago de 400€ que se pode empregar en todo tipo de produtos culturais, xa sexa en formato físico ou dixital, artes escénicas ou patrimonio cultural.

Hai máis de 3.300 establecementos adheridos en toda España, nos que preto de 10.000 mozos e mozas da provincia da Coruña poderán empregar o bono no prazo dun ano dende a data de concesión. “A xuventude é o futuro desta provincia e deste país, polo que dende o Partido Socialista seguiremos a impulsar medida como estas, para que poidan desfrutar de todo tipo de oportunidades independentemente da súa situación socioeconómica”, conclúe a deputada socialista.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes