Julián Reina reúnese coa Intrabarrial de Canido para abordar a crise habitacional e denunciar a inacción do PP no Concello de Ferrol
- O candidato número 2 do PSOE pola provincia da Coruña mantivo un encontro con colectivos como a SDR Canido, a AVV Canido e Muiño do Vento, promotoras dun estudo integral sobre a situación residencial en Ferrol
- Reina criticou que o PP só se dedique a votar en contra das medidas a nivel central, poñer trabas a nivel autonómico e incumprir no local o seu compromiso de realizar o estudo habitacional municipal
- Durante a xuntanza analizouse a realidade local: Ferrol rexistra 11.222 vivendas totalmente vacías (o 26,3% do parque total, segundo o Censo do INE) e sufriu un importante incremento nos prezos de compravenda e aluguer
O candidato número 2 do PSOE pola provincia da Coruña, Julián Reina, mantivo este martes unha xuntanza de traballo coas entidades que conforman a Agrupación Intrabarrial de Canido —entre as que se atopan a SDR Canido, a AVV Canido e Muiño do Vento—, movemento veciñal e asociativo promotor dun estudo integral e pormenorizado sobre a situación habitacional tanto no barrio de Canido como no conxunto da cidade de Ferrol.
O encontro serviu para compartir impresións sobre a complexa situación da vivenda na comarca e para profundar nas conclusións das diferentes conferencias e debates organizados recentemente polas propias entidades sociais co problema habitacional no centro da diana. Un dos eixos centrais do debate foi a análise detallada do parque inmobiliario local e o incumprimento dos compromisos por parte do goberno municipal.
Durante a xuntanza, Julián Reina puxo o foco na nula xestión habitacional do Partido Popular nas distintas administracións. O candidato socialista denunciou que o goberno local do PP en Ferrol non realizou aínda o estudo municipal sobre o parque residencial ao que se comprometera, deixando á cidade sen un diagnóstico institucional básico para abordar a emerxencia habitacional.
“O patrón do Partido Popular coa vivenda é claro e repetitivo a tódolos niveis: a nivel central votan en contra de avances como a Lei de Vivenda ou o reforzo de Casa 47; a nivel autonómico pon trabas e négase a aplicar instrumentos útiles como a declaración de zonas tensionadas; e a nivel local son incapaces de facer nin o máis básico, que era elaborar o estudo municipal ao que se comprometeran coa veciñanza”, destacou Reina.
Durante a reunión examinouse a radiografía oficial do municipio obtida a través do Censo de Población e Viviendas do Instituto Nacional de Estadística (INE), que sinala que Ferrol conta cun total de 11.222 vivendas completamente vacías —o 26,3% do seu parque residencial total (máis dunha de cada catro vivendas)—. Esta cifra sitúa á localidade como a gran cidade galega con maior proporción de inmobles deshabitados, un problema agravado polo envellecemento demográfico e o deterioro do tecido edificado, ao que se suma unha tendencia xeneralizada ao incremento dos prezos, tanto no mercado de compravenda como nas rentas de aluguer.
Neste contexto, tanto o candidato socialista como os colectivos da Intrabarrial coincidiron na urxencia de que o estudo integral reclamado polo tecido veciñal audite non só o parque privado, senón tamén todas as vivendas públicas vacías da cidade: desde os inmobles de titularidade municipal (como os de Recimil) e os da Xunta de Galicia a través do IGVS, ata os inmobles de titularidade estatal dependentes do INVIED (Instituto de Vivienda, Infraestructura y Equipamiento de la Defensa), co fin de mobilizar todo o patrimonio ocioso para uso social.
Pola súa banda, Julián Reina contrapuxo esta actitude de bloqueo co modelo impulsado polo Goberno de Pedro Sánchez, subliñando que a política de vivenda debe construír máis vivenda pública e asequible e intervir para frear a especulación, entendendo a vivenda como un dereito fundamental (artigo 47 da Constitución) e non como un activo financeiro.
Neste sentido, repasáronse as principais medidas e ferramentas estatais impulsadas nos últimos anos:
- A Lei de Vivenda (Lei 12/2023): Marco estatuto para conter prezos e protexer aos inquilinos.
- O papel e blindaxe de Casa 47: Entidade estatal para xestionar e protexer o patrimonio público de xeito permanente fronte a privatizacións.
- O RDL 29/2026 e incentivos habitacionais: Co IVE superreducido do 4% para vivenda protexida, avales ICO para construción industrializada, o Fondo de Vivenda de Impacto Social de 400 M€ e a liña de préstamos TU CASA (ata 50.000 € sen xuros para a entrada da primeira vivenda).
O encontro concluíu co compromiso de seguir traballando xunto ao tecido asociativo de Canido para esixir o cumprimento dos compromisos municipais e facer da vivenda o quinto pilar do Estado do Benestar.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS