Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG-PSOE defende a universidade pública e a investigación como motores de desenvolvemento nunha xuntanza coa Escola de Relación Laborais da Coruña

Obdulia Taboadela, Sindo Guinarte, Julián Reina e Andrés Hermida reuníronse con decano Jesús Vázquez e cos responsables do proxecto europeo EUHRIC, que estudará o impacto da intelixencia artificial no mundo laboral


O PSdeG-PSOE mantivo unha xuntanza coa xunta directiva da Escola de Relacións Laborais da Coruña (ERLAC), da Universidade da Coruña, encabezada polo seu decano, Jesús Vázquez, e cos responsables do proxecto EUHRIC, unha iniciativa que o centro quere presentar como proxecto europeo para estudiar, investigar e medir as consecuencias da intelixencia artificial no mundo laboral. 

Na reunión participaron a cabeza de lista socialista ao Congreso pola Coruña, Obdulia Taboadela; o candidato ao Senado, Sindo Guinarte, o número dous da candidatura ao Congreso, Julián Reina; e o candidato ao Congreso, Andrés Hermida. 

Obdulia Taboadela destacou o interese do proxecto e subliñou que o encontro serviu tamén para abordar “a importancia da ciencia, a investigación e, sobre todo, a universidade pública para o desenvolvemento do noso pais”. 

A candidatura socialista puxo en valor as políticas do Goberno de España en “defensa a ultranza da universidade pública” e das bolsas “para que calquera estudante, independentemente do seu código postal, poida acceder a unha educación universitaria de calidade”, así como a necesidade de “apoiar as políticas públicas con evidencia e feitos científicos”. 

“Seguimos traballando para que o Goberno de España sexa un goberno comprometido coa ciencia, coa investigación, cos estudantes e coa universidade pública”, afirmou Taboadela.  

Pola súa banda, Sindo Guinarte advertiu de que nas eleccións do 29 de novembro “tamén se vota o modelo de universidade para o futuro de España”. O candidato ao Senado lembrou que o Goberno de Pedro Sánchez aprobou un decreto para esixir ás universidades privadas uns requisitos mínimos que as aproximasen ao nivel das públicas, e criticou que a dereita o recorrese “para que non entrase en vigor e para que poidan seguir florecendo universidades privadas, como acontece en Madrid”. 

“Quen poida pagar os 2.000 ou 2.000 e pico euros que custa ao mes ter un fillo ou unha filla vivindo en Madrid e pagando unha universidade privada poida comprar os títulos. Porque ese é o modelo da dereita e do Partido Popular”, denunciou. 

Fronte a isto, Guinarte reivindicou o modelo socialista. “O Partido Socialista defende un modelo de universidade pública, ao que poidan acceder os mozos e mozas en función da súa capacidade, da súa competencia e do seu esforzo, e que lles permita utilizar ese ascensor social que realmente é a universidade en igualdade de condicións”, sinalou. 

“O 29 de novembro vótase o modelo de educación superior que queremos para España: un modelo igualitario onde todos teñamos as mesmas oportunidades ou un modelo baseado en que quen poida pagar un título nunha universidade privada o teña. Ese modelo do Partido Popular non é noso”, concluíu.


Obdulia Taboadela reunión ERLAC
Sindo Guinarte reunión ERLAC
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes