O PSdeG de Zas entregará hoxe o Premio Mª Isabel Suárez Amado a Marisa e Estrella
- O PSdeG de Zas celebrará hoxe, sábado 17 de outubro, ás 18.00 horas, no Local Social de Fornelos, a entrega do Premio Mª Isabel Suárez Amado a Marisa e Estrella, fundadoras da Asociación A Fonte de Fornelos, que este ano cumpre 20 anos
O premio busca manter vivo o legado de Isabel Suárez Amado e recoñecer as mulleres rurais de Zas que contribúen, desde diferentes ámbitos, a mellorar a vida dos seus pobos.
«Este ano é moi merecido para dúas mulleres que fixeron unha verdadeira comunidade e, claro está, vendo o éxito de vinte anos da asociación», sinala Sheila Rial, portavoz e concelleira socialista.
O acto, organizado arredor do Día Internacional das Mulleres Rurais, que se conmemora o 15 de outubro, está aberto a toda a veciñanza. «Será unha tarde de celebración, de recordar e seguir co legado de Isabel e de felicitar estas dúas mulleres que tanto o merecen», destaca Rial.

Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS