Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

A Agrupación Socialista de Lousame amosa o seu fondo pesar polo pasamento de José Sampayo Ces, histórico militante e ex tenente de alcalde

  • O socialismo de Lousame perde a un dos seus grandes referentes, un home que dedicou gran parte da súa vida á defensa dos valores democráticos e ao progreso do concello desde o ámbito local

A Agrupación Socialista de Lousame quere transmitir publicamente o seu máis fondo pesar e as súas condolencias á familia, amizades e compañeiros de José Sampayo Ces, histórico militante do partido no municipio e ex tenente de alcalde. Con esta sentida perda, o socialismo de Lousame queda orfo dunha das súas figuras máis esenciais e respectadas.

O Pirulo de Vilas non só foi un piar fundamental na consolidación do proxecto socialista en Lousame, senón tamén un exemplo de vocación pública, entrega e honestidade no seu traballo a prol de todos os veciños e veciñas do concello durante a súa etapa como tenente de alcalde.

Desde a Agrupación Socialista de Lousame queremos enviar un bico moi forte e todo o noso agarimo aos seus familiares directos nestes momentos de profunda dor, compartindo con eles o orgullo de ter contado na nosa organización cun home da súa integridade e valía.

Que a terra lle sexa leve. Descanse en paz.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes