Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Silvia Longueira esíxelle á Xunta que actúe para evitar a falla de profesorado no CEIP Mestre Pastor Barral de Melide

  • A deputada socialista no Parlamento de Galicia amosa o seu apoio ás accións de protesta convocadas pola ANPA Camiño Real

O Grupo Parlamentario Socialista reclámalle á Xunta de Galicia que repoña o profesorado necesario no CEIP Mestre Pastor Barral de Melide, na liña do que reclama a comunidade educativa do centro.

Silvia Longueira, deputada socialista no Parlamento galego, sinala que se volven dar numerosas carencias de persoal nos centros educativos galegos, ao igual que no curso anterior. “Pouco mudou a apertura do curso en Galicia dende hai un ano”, lamenta.

A socialista sinala que, aínda que o CEIP Mestre Pastor Barral destacaba pola súa diversidade e cohesión da comunidade educativa, contando cunha boa valoración, “este ano fallan profesores e non hai reposto”.

Longueira explica que isto supuxo “que hoxe a ANPA se puxese de acordo para facer  chamada de atención”. “Hoxe non entrou ningún neno ó colexio”, indica a parlamentaria socialista.

A deputada afirma que esta situación vai supoñer que se explote ao profesorado restante e que se deixen sen cubrir as necesidades dos nenos porque a Xunta se “nega” a substituír a ese profesorado faltante.

“Quero resaltar que tiñamos a promesa do señor conselleiro de Educación de que este ano non pasarían este tipo de situacións en Galicia”, critica a deputada socialista. Longueira concluíu amosando o seu apoio á ANPA Camiño Real e ás mobilizacións que está a organizar ata o vindeiro venres para demandar a reposición das prazas.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes