Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Aitor Bouza reclama no Parlamento galego a reapertura do albergue de peregrinos de Ferrol

  • O deputado socialista reclama tamén un plan de continxencia para evitar que se volva repetir esta situación

O Grupo Parlamentario Socialista reclama á Xunta de Galicia que reabra o albergue de peregrinos de Ferrol. O deputado Aitor Bouza esixiu “que se garantan as condicións adecuadas de seguridade e salubridade e habitabilidade” no centro.

“Ante a negativa do goberno do señor Rey Varela a exixirlle á Xunta de Galicia que dea explicacións e dea conta do realizado ante o peche deste albergue de peregrinos, que xa se reclamou por parte do grupo municipal socialista dende hai máis de 15 días, imos levar ao parlamento esta cuestión”, afirma o socialista.

Ademais da reapertura “inmediata” do albergue, pide tamén que se publique de maneira inmediata a información completa sobre as causas dese peche as actuacións realizadas, os resultados a data de reapertura da instalación. Reclama así mesmo que se faga un plan de continxencia para garantir ante futuros peches unha alternativa de aloxamento.

“En conclusión, novamente vemos como a Xunta de Galicia cando ten que traballar por Ferrol mira cara outro lado”, lamenta Bouza. “Tamén vemos a complicidade absoluta do seu alcalde, que en vez de esixirlle á Xunta de Galicia o único que fai é calar”, engade.

“Nós, en vez de calar, levarémolo ao Parlamento esixíndolle explicacións” e, sobre todo, “que poidan reabrir canto antes as portas de este albergue de Ferrol”, conclúe o parlamentario socialista.


Aitor Bouza – albergue – set26
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes