Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG reclamará no Parlamento a reversión dos recortes anunciados no CEIP da Barqueira de Cerdido

  • O voceiro socialista local Brais Prieto e o deputado Aitor Bouza esixen á Xunta de Galicia que dea marcha atrás neses recortes

O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento de Galicia os recortes no CEIP da Barqueira, en Cerdido, e esixirá a súa reversión á Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

“Dende o Grupo Municipal do Partido Socialista de Cerdido parécennos intolerables os recortes que quere levar a cabo a Consellería de Educación no CEIP da Barqueira”, sinala o voceiro socialista local Brais Prieto.

“O recorte dun profesor e dun PT previstos para o vindeiro curso xa non só significará a carga extra para os profesores, senón unha merma na calidade educativa que reciben os nenos”, engade. Denuncia tamén a pretensión de unificar nunha soa aula os cursos de 1º, 2º, 3º e 4º.

Para o socialista, “se queremos fixar poboación no rural, o mínimo indispensable é manter os servizos existentes”. “Non existen razóns para estes recortes, xa que non existe unha redución drástica do número de nenos no colexio”, engade.

Se esta resolución “non é definitiva, como agardamos que así sexa, a Xunta aínda está a tempo de non tomar esta decisión, que xa é un perigoso antecedente de cara ao futuro no noso municipio e noutros de similar poboación e características”, afirma Prieto.

“Por iso, a través do Grupo Parlamentario do Partido Socialista no Parlamento de Galicia preguntamos a interesámonos por esta situación, que nos preocupa enormemente como concelleiros, pero sobre todo como veciños”, apunta.

“O alumnado de Cerdido ten que ter os mesmos dereitos que o resto do alumnado de Galicia, e, por iso, dende o Partido Socialista imos levar ao Parlamento de Galicia unha batería de iniciativas na que lle imos esixir ao señor Rueda que rectifique de maneira inmediata”, sinala pola súa banda Aitor Bouza.

O deputado socialista no Parlamento galego reclamoulle á Xunta “que non volva castigar a todos estes alumnos e alumnas, que non poden pasar a ser alumnos de segunda”. Defendeu o seu dereito a unha educación “inclusiva, real e efectiva dentro do seu propio concello”.

“É absolutamente intolerable este desprezo absoluto que volve a facer a Xunta de Rueda a comarca de Ortegal”, subliña o deputado. “Estaremos ao carón, ao lado de todas as familias, da comunidade educativa, para reivindicar e para exixir que isto non ocorra”, conclúe.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes