Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Silvia Longueira reclama liñas de autobús específicas para que o alumnado de FP de Oleiros, Sada e Bergondo poida acudir aos centros de estudo

  • A deputada socialista no Parlamento de Galicia rexistra unha iniciativa para que a Xunta cree ditas liñas

Silvia Longueira, deputada socialista no Parlamento galego, reclama na cámara liñas de autobús que conecten Sada, Oleiros e Bergondo cos centros de formación profesional da comarca, ante as dificultades que o alumnado destes centros experimenta para acceder a eles en transporte público.

“Centos de alumnos de Oleiros a de Bergondo desprazáronse a diario para estudar formación profesional en diferentes centros da comarca, véase a Universidade Laboral en Culleredo, o CIFP Someso, o CIFP Ánxel Casal, o CIFP Paseo das Pontes ou o IES Fernando Vista da Coruña”, explica a parlamentaria socialista.

“Tódolos días teñen que estar ás 8 e media da mañá nas aulas, co cal, ou ben van en transporte privado coas súas familias ou ben teñen que facer unha serie de transbordos ata chegar ao seu centro educativo”, indica Longueira.

“Sabedora como é a Xunta de Galicia desta necesidade durante o curso escolar, propoñemos que desde Sada, Oleiros e Bergondo saian uns autobuses directos, porque, por exemplo, desde esas 3 localidades máis de 200 alumnos van oyes de van ó CIFP de Culleredo, á Universidade Laboral”, sinala.

Por estas razóns, a socialista pide “que haxa uns autobuses que os leven directamente ás aulas, co cal favorecemos todo o que ten que ver con maior confort para o estudo e para a formación, e favorecemos tamén esa implementación que tanto precisa a formación profesional no noso país”.

A iniciativa parlamentaria que o grupo socialista presentará ao respecto desta cuestión insta á Xunta a realizar un estudo técnico para coñecer a totalidade de alumnos que cursan FP na Comarca da Coruña e que cambian de concello para facer dita formación.

Insta así mesmo a formular e crear rutas dedicadas a esta fin nas horas de entrada e saída dos centros, e aumentalas en función da demanda. Tamén a atender esta necesidade nas reunións sectoriais que as distintas administracións teñen para analizar a mellora do transporte metropolitano.


Silvia Longueira – Transporte metropolitano – mai26
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes