Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG reclama  no Parlamento solucións para o transporte escolar do CPI Castro Baxoi en Miño

  • Silvia Longueira denuncia que o alumnado perde 5 minutos de clase cada día a causa desta problemática

Silvia Longueira, deputada socialista no Parlamento de Galicia, reclámalle á Xunta que poña solución aos problemas do transporte escolar no CPI Castro Baxoi de Miño.

A socialista denuncia que o alumnado perde diariamente “cinco minutos de clase porque a Consellería de Educación e a Consellería de Presidencia non son capaces de poñerse de acordo para que o transporte escolar estea a disposición dos alumnos e non os alumnos a disposición do transporte escolar”.

“Como non son capaces de poñerse de acordo no horario”, afirma Longueira, o estudantado ten que saír das aulas “cinco minutos antes tódolos días para poder chegar ás súas casas”.

A deputada autonómica afirma que se trata dunha situación “impropia do século XXI, e sobre todo se estamos a traballar para que Galicia teña poboación asentada no territorio”.

Por esta razón, o Grupo Parlamentario Socialista rexistra unha proposición non de lei para o seu debate no pleno do Parlamento, na que explican as deficiencias do servizo de transporte escolar.

O texto insta á Xunta a “coordinar os horarios lectivos e o transporte das nenas e nenos do Castro Baxoi, de xeito que se cumpran os 50 minutos lectivos por clase, segundo a norma xeral en tódolos colexios públicos galegos”. A iniciativa remata instando tamén a que se recuperen as horas lectivas detraídas ao alumnado do Castro Baxoi por causa da non coincidencia co servizo de transporte”.


Silvia Longueira – CPI Castro Baxoi Miño – abr26
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes