Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Patricia Iglesias denuncia a paralización das obras de Palmeira, en Ribeira

  • A deputada socialista reclama explicacións no Parlamento galego

O Grupo Parlamentario Socialista denuncia a paralización das obras na travesía de Palmeira, no municipio de Ribeira. A deputada Patricia Iglesias reclama explicacións á Xunta de Galicia.

“Estamos preocupados polo que nos traslada á veciñanza de Palmeira”, explica a parlamentaria, que salienta que “hai uns días que non se ve actividade na zona, non hai obreiros e incluso que se está desmantelando” a obra.

A socialista lembra que se adxudicou esta “por parte da Xunta de Galicia en torno a 3 millóns de euros deste obra de humanización da avenida de Palmeira a finais de decembro do 2024”. “Tiña un prazo de execución de 15 meses, é dicir, deberían estar rematadas esas obras e a día de hoxe pois non están”, engade.

“O que máis nos preocupa ás Socialistas de Galicia é que estean paradas ou suspendidas e lonxe de que se rematen, con tamén todos os problemas que lle está ocasionando aos veciños e as veciñas”, lamenta a deputada socialista, que destaca a paralización do tráfico entre outras consecuencias das obras.

“Rexistramos no Parlamento de Galicia unha iniciativa parlamentaria para preguntar que está sucedendo, se xa hai unha suspensión da execución da obra, cal é estado, cales son as vicisitudes deste obra de humanización da avenida de Palmeira”, salienta Iglesias.

A deputada recalcou a “necesidade de transparencia” e pediu ao goberno galego que “aclare a situación da obra de humanización da avenida de Palmeira”.

A moción insta á Xunta a remitir, no prazo máximo dun mes, un informe detallado ao Parlamento sobre o estado da actuación, que inclúa o grao de execución actual da obra, o cumprimento do cronograma previsto, as posibles modificacións ou suspensións do contrato, as causas da eventual paralización denunciada pola veciñanza e as previsións actualizadas de finalización.

Tamén a adoptar as medidas necesarias para garantir a reanudación inmediata das obras, no caso de estaren paralizadas, e asegurar o cumprimento dos prazos contractuais.


Patricia Iglesias – Obras Palmeira – abr26
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes