Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG reclama a reconstrución inmediata do pavillón do IES Porto do Son tras ano e medio inutilizado

  • O grupo municipal socialista presentará no pleno de mañá unha moción neste senso e convida á comunidade educativa a asistir á sesión para apoiala

O PSdeG-PSOE sonense presentará no pleno municipal de mañá, xoves 26 de marzo, unha moción pola vía de urxencia para instar á Xunta de Galicia a que execute de xeito inmediato as obras de reconstrución do pavillón deportivo do IES Porto do Son.

O voceiro socialista Jorge Romero convida “a toda a comunidade educativa do instituto a estar presente no pleno e a apoiar a aprobación da moción”.

O pavillón sufriu graves danos o 8 de outubro de 2024 como consecuencia do temporal Kirk, quedando dende entón inutilizado. Dende esa data, “a comunidade educativa do centro leva mfiis dun ano convivindo cunha situación absolutamente impropia dun sistema educativo público de calidade, sen poder dispoñer dunhas instalacións deportivas dignas”, sinálase na moción.

“Esta situación non só afecta ao normal desenvolvemento das clases de educación física, senón que limita gravemente a actividade educativa e o día a día do centro, obrigando a buscar solucións alternativas claramente insuficientes”, apúntase no texto.

A finais de xaneiro de 2026 fíxose público que tres empresas se presentaran ao proceso de contratación das obras, o que para o grupo socialista “evidencia que a actuación administrativa estaba en marcha”. Porén, semanas despois, “a realidade é que as obras non se teñen materializado, prolongando unha situación xa de por si insostible”.

“Ante esta falta de avances reais, a comunidade educativa viuse obrigada a mobilizarse e saír á rúa en febreiro de 2026, reclamando unha solución urxente e un pavillón en condicións, o que pon de manifesto o nivel de desesperación existente”, engádese.

“Dende o Grupo Municipal Socialista consideramos que non é admisible que, máis dun ano despois dos danos sufridos, o alumnado siga sen unhas instalacións bfisicas, nin que os prazos administrativos se eternicen mentres se deteriora a calidade do servizo público educativo”, indica o texto da moción.

Para o PSdeG-PSOE do Porto do Son, “a educación pública debe ser unha prioridade, e garantir unhas instalacións dignas non pode depender de ritmos burocráticos nin de falta de impulso político”.

Por todo isto, a moción insta á Consellería de Educación da Xunta a executar de maneira inmediata as obras, a establecer un calendario claro, público e vinculante para a execución e finalización das mesmas, e a garantir que a nova infraestrutura cumpra con todas as condicións necesarias para un uso educativo axeitado.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes