Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG reclama no Parlamento de Galicia melloras para o IES Fernando Blanco de Cee

  • A deputada Patricia Iglesias e a alcaldesa Margot Lamela visitaron o centro para analizar o estado no que se atopa

O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento galego que a Xunta de Galicia arranxe o IES Fernando Blanco de Cee. A deputada Patricia Iglesias visitou o centro xunto á alcaldesa socialista Margot Lamela para coñecer de primeira man o estado do centro.

Iglesias definiu o instituto como “un edificio emblemático e tamén emblema da educación pública para Cee e para toda para toda a comarca”. Porén, lamentou as condicións nas que se atopa actualmente.

“Hai goteiras nas aulas, polo tellado, que levan sen repararse e facer un investimento importante moitos anos”, comeza enumerando a parlamentaria socialista. “Tamén hai unha especie de patio cuberto con uralita que está nun estado absolutamente lamentable”, engade.

Ademais, sinalou que o ximnasio “non cumpre as condicións e especificacións de riscos laborais para que os nenos e nenas practiquen educación física cunha mínima calidade”.

Anunciou que ás 16:00 de mañá, martes 17 de marzo levará á Comisión de Educación do Parlamento as reivindicacións da ANPA e de toda a comunidade educativa.

Deste xeito, busca “que a Xunta de Galicia non mire para outro lado e que faga as reparacións e investimentos necesarios” para a reparación dun edificio “tan emblemático como é o IES Fernando Blanco en Cee.


Patricia Iglesias – IES Fernando Blanco (Cee) – mar26
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes