O PSOE constitúe a Comisión Xestora da Agrupación Socialista de Ribeira
- Estará presidida por Jesús Díaz Fornas, dirixente cunha longa traxectoria durante a que foi alcalde de Noia e deputado no Congreso
O proceso para a conformación dunha Comisión Xestora na Agrupación Socialista de Ribeira vén de concluír co nomeamento de Jesús Díaz Fornas como presidente. Licenciado en Dereito e avogado de profesión ata a súa xubilación, Díaz Fornas ten unha longa traxectoria política.
Foi alcalde de Noia durante os dous primeiros mandatos da democracia, deputado provincial entre 1979 e 1986 e deputado no Congreso pola provincia da Coruña en tres lexislaturas. Na Xestora, acompañarano como vogais José Luis Ruiz Laíño, Patricia Lojo Nine, Juan Jesús Ares González e Gema Fernández Cuíña.
O novo órgano encargarase de dirixir o proceso para a constitución dunha nova Comisión Executiva local e coordinará co Grupo Municipal Socialista as iniciativas que se eleven ao pleno do Concello de Ribeira, así como a liña de actuación política dentro da institución e de cara á cidadanía. A falta de 15 meses para as eleccións municipais, a Comisión Xestora márcase como obxectivo principal configurar unha dirección para a Agrupación Socialista que leve ao partido a eses comicios cun proxecto sólido e un equipo gañador, que aspire a gobernar Ribeira. Nesa liña, traballará tamén para fomentar a implicación da militancia e para reforzar o compromiso do partido coa cidadanía.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS