-Levarán unha moción ao vindeiro pleno municipal na que instarán tamén a realizar campañas de sensibilización sobre corresponsabilidade na conciliación ou a protección da infancia fronte á pornografía
-Ademais, a voceira socialista Inés Ramos López presentará tamén outra moción sobre a condonación da débeda autonómica e preguntará pola seguridade viaria no municipio
O Grupo Municipal Socialista da Laracha levará ao pleno ordinario do vindeiro xoves unha moción centrada na igualdade de xénero, na que propoñen medidas para reducir a fenda de xénero no ámbito laboral, especialmente nas ocupacións STEM.
Ademais, a moción reclama un pacto galego pola corresponsabilidade nos coidados e accións para protexer aos menores nas contornas dixitais, xunto coa implementación efectiva da Lei 7/2023 de igualdade en Galicia.
Ademais desta iniciativa, a voceira socialista Inés Ramos López presentará unha moción para instar á Xunta de Galicia a aceptar a condonación parcial da débeda proposta polo Goberno de España, co obxectivo de reforzar os servizos públicos e aliviar a carga financeira das autonomías.
Dende o PSOE larachés solicitan así mesmo un mecanismo de seguimento para garantir que os recursos dispoñibles grazas á condonación se destinen ao financiamento local e ao investimento nos municipios.
Por outra banda, o grupo socialista formulará unha pregunta sobre a actuación do concelleiro de Obras, Pablo Cambón, quen dirixiu o tráfico durante eventos multitudinarios sen ter competencia legal para facelo.
Pregúntanse en base a que normativa está autorizado, que formación posúa e quen asumiría a responsabilidade en caso de incidente.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS