Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE de Carballo reclama a protección do edificio do Casino e súmase á súa campaña de recollida de firmas

-Dende o Grupo Municipal xa levaron esta cuestión ao anterior pleno: “O alcalde dixo que se ía reunir coa directiva, pero o comezo desta campaña demostra que non se deu solución ao problema”


O PSdeG-PSOE súmase á campaña de recollida de firmas para pedir a protección urbanística do Casino de Carballo. Este edificio de 100 anos de antigüidade non conta con catalogación espefícifica e podería ser derruído segundo o PXOM. 

A voceira socialista local María Carmen Vila animou á veciñanza a “asinar a petición para lograr que o Casino do noso municipio teña unha consideración especial e dese xeito non poida ser derribado”. 

“Trátase dun edificio emblemático que é clave na vida cultural, social e deportiva de Carballo, así como parte fundamental da súa historia”, explica a socialista. 

Dende o Grupo Municipal Socialista xa levaron esta cuestión ao anterior pleno, amosando a súa preocupación polo asunto. “O alcalde dixo que se ía reunir coa directiva, pero o comezo desta campaña demostra que non se deu solución ao problema”, apunta Vila. 

A iniciativa de recollida de sinaturas, que conta xa con máis de 2.000 entre físicas e dixitais, partiu das socias e socios da propia institución. Os formularios físicos están dispoñibles no propio edificio, así como no posto da rúa Coruña nos días de feira. 

“Dende a Agrupación Socialista local e o Grupo Municipal Socialista seguiremos pulando pola protección do patrimonio de Carballo e apoiando as iniciativas nesta liña”, concluíu a voceira socialista. 

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes