Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE de Oleiros rexistrou alegacións ao Regulamento de Subministración Domiciliaria de Auga do concello de Oleiros

O Grupo Socialista presentou alegacións á Modificación do regulamento de subministración domiciliaria de auga do Concello de Oleiros esixindo que non se modifiquen os cadros de sancións a aplicar aos veciños en caso de que teñan unha fuga fortuita de auga nas instalacións particulares das súas casas mentres a rede Municipal non cumpra ca normativa autonómica de fugas.


Oleiros.- O Grupo Municipal Socialista ven insistindo dende hai meses na necesidade urxente de investir nas redes de auga que teñen un nivel de perdas ou consumos non rexistrados dun 32% según as actas de Aquaoleiros. Esta circunstancia xa viña reflectida no “Estudo técnico-económico para a xestión do servizo de auga municipal” que redactou unha enxeñeira en xuño de 2021 antes da creación de Aquaoleiros, que afirmaba que nese intre

“…os Volumes de Auga non Rexistrada (ANR), que roldan ou 40% dos volumes que entran na rede de abastecemento”, e que, ou se melloraba a rede evitando fugas ou habería que aumentar o custe a cobrar aos veciños.

Estamos ante unha situación excepcional da xestión rede de auga municipal de Oeiros da que o alcalde non quere que se fale, por iso impediunos expoñer, por segundo pleno consecutivo unha moción para esixir atender á “Necesidade urxente de mellorar as redes de abastecemento e saneamento e eliminar os materiais canceríxenos”.

Actualmente do total de 1.200.000€ que custa a auga que merca a Emalcsa, o concello está perdendo un tercio, arredor de 400.000€, o cal é inadmisible dende o punto de vista económico e de sustentabilidade.

Estas perdas están moi por riba do 20 % establecido na Lei 9/2010 de augas de Galicia, e poden acarrear sancións moi importantes para o concello. Por este motivo non consideramos axeitado que se grave aos veciños en caso de fuga fortuita na rede da súa casa mentres o gran derrochador de auga é o concello. E polo tanto alegamos á modificación dos artigos 71, adicado a Redución de avarías fortuítas, e o art. 80, referido a Infraccións.

Porque a pregunta é, quen sanciona aos responsables do Concello polas fugas provocadas por non investir no mantemento e mellora da rede de abstecemento?

Non é xusto perxudicar aos veciños con penalizacións que ninguén do Goberno Municipal asume para situacións de moita maior gravidade, polo que urxe primeiro predicar co exemplo para non perder a credibilidade da institución polo camiño.”

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes